Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 350/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 350/2019 deste xulgado do social se ditou auto de aclaración de sentenza de data 6 de novembro de 2020, contra o cal non cabe recurso ningún, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro do dito auto na Secretaría do citado órgano xudicial.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Elda Jerez Noa, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza