Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48620

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 26 de novembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos da policía local, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.

Unha vez convocado o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso, mediante a Orde do 8 de xullo de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 137, do 10 de xullo, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta vicepresidencia e consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

Proceso selectivo unitario para a selección de prazas de policía local, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso, subgrupo C1, dos concellos e coas características que se definen nas bases da convocatoria

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía provincial de Pontevedra.

Secretaría:

– Ángel Ruibal Pérez, inspector principal do corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra.

Vogais:

– Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Academia Galega de Seguridade Pública.

– Sonia López Díaz, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Narón.

– Begoña del Río Martínez, policía do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Ignacio Saiz Martín, fiscal na Fiscalía provincial de Pontevedra.

Secretaría:

– Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

– Luis Castedo Balsa, xefe do Servizo de Formación en Emerxencias da Academia Galega de Seguridade Pública.

– Sonia María Álvarez Alonso, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra.

– Leticia López Vázquez, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.