Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48625

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A disposición transitoria décima do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia establece que o persoal que teña unha antigüidade posterior ao 30.6.1998 e anterior ao 1.1.2005 na prestación de servizos para a Xunta de Galicia en virtude de sentenza xudicial que recoñeza a súa condición de persoal laboral indefinido, ou fose contratado directamente pola Xunta de Galicia baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, para a realización de programas ou servizos de carácter estrutural, ou aqueloutro integrado por transferencia será obxecto dun proceso de consolidación de emprego segundo o establecido na disposición transitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e na disposición adicional décimo quinta deste convenio.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 124/2017, do 30 de novembro (DOG núm. 234, do 12 de decembro), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir trinta e cinco (35) prazas, na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2017, segundo o que se detalla no anexo IV desta convocatoria e que se indican a continuación:

– Oferta de emprego público do exercicio 2017, aprobada polo Decreto 124/2017, do 30 de novembro (DOG núm. 234, do 12 de decembro): trinta e cinco (35) prazas de consolidación, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

I.1.1. A este proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP), o V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, (aprobado mediante a Resolución do 20 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia), a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.1.2. De conformidade co Decreto 124/2017, do 30 de novembro, e co Decreto 160/2018, do 13 de decembro, do total de prazas convocadas reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 %.

Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás persoas aspirantes pola cota de discapacidade, no que se refire ás relacións de persoas admitidas e excluídas, aos chamamentos aos exercicios e á relación de persoas aprobadas. Non obstante, ao finalizar cada exercicio e o proceso elaborarase unha relación única en que se incluirán todas as persoas aspirantes que o superasen, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia do tipo de praza pola cal participasen.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade que quedasen desertas acumularanse á quenda xeral.

I.1.3. As persoas que, cumprindo os requisitos establecidos na base I.1.2, opten ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberán indicalo expresamente na solicitude. De non o indicaren, entenderase que non optan por esta reserva.

As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

I.1.4. De ser o caso, as aclaracións ou as correccións deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas aos procesos selectivos, as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes de participación, e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira, os seguintes requisitos:

I.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.3. Titulación: estar en posesión, ou en condición de obter o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), o título universitario oficial de licenciada/o en Veterinaria ou graduada/o nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de veterinario.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non lles será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal laboral do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, na data de publicación desta convocatoria.

I.2.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertenza á escala obxecto desta convocatoria.

I.2.8. Non poderán participar no proceso selectivo as persoas que xa pertencen como persoal laboral fixo á categoría 005 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado no Portal web corporativo da Dirección Xeral de Función Pública da Xunta de Galicia e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala, que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Dentro do prazo que se sinala no parágrafo anterior, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente á Dirección Xeral da Función Pública.

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no Portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», e o solicitante deberá dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave 365.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e, posteriormente, validalos e confirmalos.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe «Idioma do exame», se o texto do exercicio se deberá entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, o aspirante non poderá modificar a opción.

As persoas aspirantes que sexan membros de familias numerosas deberano indicar na súa solicitude, na epígrafe «Outros dato»-«Familia numerosa».

As persoas aspirantes deberán indicar se figuran como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, na epígrafe «Outros datos»-«Demandante de emprego».

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo expresamente na solicitude, especificando o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente, na epígrafe «Outros datos»-«Discapacidade»-«Porcentaxe».

Poderán solicitarse as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, na epígrafe «Outros datos»-«Tipo de adaptación».

Se a solicitude deriva dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza, durante a realización do exercicio, de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar, antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

Os datos incluídos nas solicitudes das persoas aspirantes serán consultados pola Administración pública.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente na epígrafe «Autorizacións», e deberán achegar os documentos xustificativos da exención que se indican no punto seguinte. A persoa solicitante, para a remisión electrónica, empregará o modelo co código PR004A, previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conteñen un sistema electrónico específico, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co disposto no parágrafo anterior, a persoa solicitante deberá achegar, coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente compulsada dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se encontre:

– Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

– Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Pagamento presencial. Deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente a través da pestana «Retomar solicitude». Premerase na opción «Validar/Retomar o pagamento». Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente.

Unha vez completados os datos, validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

Pagamento electrónico-sen certificado dixital. Deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

Pagamento electrónico-con certificado dixital. Poderá realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

Presentación electrónica. Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase asinar e presentar electronicamente a solicitude.

Para a devolución da taxa aboada, as persoas aspirantes deberán figurar como excluídas nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola cal se aproben.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no número 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas, de luns a venres, e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, das causas das exclusións que procedan. Estas listaxes publicaranse no Portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderase implícita nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no Portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participaren no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superaren o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1.1. Primeiro exercicio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento oitenta (180) preguntas tipo test, relacionado co anexo I do programa.

O exercicio dividirase en dúas partes:

A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cincuenta (50) preguntas da parte xeral.

O exercicio disporá de tres (3) preguntas de reserva.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.

Nesta primeira parte será necesario obter un mínimo de dez (10) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento trinta (130) preguntas da parte específica, das cales cen (100) preguntas serán de contido teórico e trinta (30) serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.

O exercicio disporá de seis (6) preguntas de reserva, das cales dúas (2) serán sobre un suposto práctico.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.

Nesta segunda parte será necesario obter un mínimo de vinte e seis (26) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas deste exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos vinte (220) minutos.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no Portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

O exercicio será coincidente co primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios, subgrupo A1, convocado no ano 2020 e publicado simultaneamente coa presente resolución.

II.1.1.2. Segundo exercicio.

Constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola cal o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día da publicación desta convocatoria no DOG o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no Portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que, por teren acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra K, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda, do 20 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 3 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 9, do 13 de xaneiro).

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, ao xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

II.1.3.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradoras.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no Portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes ao da realización do exercicio, anula algunha ou algunhas das súas preguntas ou modifica o modelo de corrección de respostas, publicarao no DOG.

II.1.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no Portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.2. Fase de concurso.

A fase de concurso consistirá na valoración, ás persoas aspirantes que superaron a fase de oposición, dos seguintes méritos:

II.2.1. Experiencia profesional.

Experiencia profesional, entendida como os servizos efectivamente prestados en calquera Administración pública, como persoal laboral na categoría 005 do grupo I, titulado en Veterinaria, no ámbito do V Convenio colectivo de persoal da Xunta de Galicia, ou como empregado público na mesma categoría sempre que se inclúa dentro do mesmo grupo de titulación.

Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos distintos nomeamentos computables e dividirase o resultado entre trinta (30). O cociente enteiro, desprezando os decimais, multiplicarase por 0,20 puntos.

Os servizos efectivos prestados en xornadas inferiores á completa valoraranse proporcionalmente.

II.2.2. Experiencia profesional.

Experiencia profesional, entendida como os servizos efectivamente prestados como empregado público en distinto corpo, grupo, escala ou categoría, en calquera Administración pública.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de fillos/as e familiares (artigos 168 e 176 da LEPG) e a excedencia por razón de violencia de xénero, de conformidade co establecido no artigo 177 da LEPG.

Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos distintos nomeamentos computables e dividirase o resultado entre trinta (30). O cociente enteiro, desprezando os decimais, multiplicarase por 0,10 puntos.

Computarase a prestación de servizos en réxime de interino (25.4 LEPG) e en réxime de persoal laboral temporal (27.4 LEPG) e do persoal laboral indefinido non fixo.

Os servizos efectivos prestados en xornadas inferiores á completa valoraranse proporcionalmente.

A puntuación máxima das epígrafes de experiencia profesional, II.2.1 a II.2.2 é de 28 puntos.

II.2.3. Permanencia na categoría:

Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoría 005 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia: 2 puntos.

A puntuación máxima desta epígrafe é de 8 puntos.

II.2.4. Formación.

Valoraranse os cursos de formación organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a Academia Galega de Seguridade Pública, o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e as escolas oficiais de formación similares do Estado e das restantes comunidades autónomas, e os cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (AFEDAP).

Para cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas, valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,5 puntos por curso.

Non se valorarán:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

Para os efectos de puntuación desta epígrafe, estimaranse como valorables as probas superadas de avaliación dos programas de autoformación organizadas pola EGAP, ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

A puntuación máxima desta epígrafe é de 4 puntos.

II.2.5. Os méritos enumerados na base II.2 deberán referirse á data de publicación desta convocatoria e deberán acreditarse de conformidade co procedemento que estableza a Dirección Xeral da Función Pública e que será publicado no Diario Oficial de Galicia.

Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido no dito procedemento.

II.2.6. Rematada a fase de oposición, desde a publicación polo tribunal das notas do último exercicio, as persoas aspirantes deberán proceder de conformidade co sinalado no procedemento a que se refire o punto anterior para presentaren a documentación relativa á fase de concurso, que irá dirixida á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

II.2.7. O tribunal baremará a fase de concurso, coa colaboración técnica que precise do persoal da Dirección Xeral da Función Pública, e publicaraa no DOG, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas, e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.

II.3. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuación obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poden ser nomeadas persoal laboral.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP e artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e o Decreto 95/91, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran nelas circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, aprobadas mediante a Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 11 de abril de 2007, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non se encontraren incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen os novos integrantes do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso da/do presidenta/e e da/do secretaria/o, ou quen o/a substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte, e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da/do secretaria/o e o visto e prace da/do presidenta/e.

III.8. A/o presidenta/e do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes, e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, que deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizaren os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten, na forma prevista na base I.3, as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se, durante a realización do proceso selectivo, o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala a que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.3.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal laboral fixo.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición e na fase de concurso.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida no primeiro exercicio da fase de oposición.

– Puntuación outorgada polos méritos alegados na fase de concurso, seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes da base II.2.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentaren os seguintes documentos:

A) Fotocopia compulsada do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación, ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

B) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separada/o nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do cal foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non encontrarse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

C) Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

D) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

Poderanlle autorizar á Administración a dita consulta mediante solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.

IV.3. As persoas aspirantes estarán exentas de xustificar documentalmente as condicións e os demais requisitos xa probados para obteren o seu anterior nomeamento.

IV.4. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.5. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal laboral fixo mediante unha resolución da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.6. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

IV.7. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

A) Parte xeral.

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV capítulo I e capítulo IV e o título V.

4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I capítulo I.

5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar capítulos III e IV.

6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.

7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI capítulos III e IV e título VIII.

8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

9. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I.

E o título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.

11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.

12. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

13. Lei 9/2017, de contratos do sector público, libros I e II.

B) Parte específica.

1. A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade: dereito á protección da saúde, principios xerais e actuacións sanitarias do sistema de saúde. Intervención pública en relación coa saúde individual e colectiva. Infraccións e sancións. Competencia das administracións públicas. A Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: disposicións xerais. Medidas de prevención e seguridade dos alimentos e pensos. Control oficial e coordinación administrativa. Instrumentos de seguridade alimentaria. Laboratorios. Publicidade de alimentos. Potestade sancionadora. Infraccións e sancións. Real decreto 1945/1983, de 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agro-alimentaria: a toma de mostras.

2. A Lei 8/2008, de saúde de Galicia. Obxecto, alcance e definicións. Concepto de autoridade sanitaria. Intervencións públicas sobre actividades, centros e bens. Inspección sanitaria. Infraccións e sancións. Lei 33/2011, xeral de saúde pública: título preliminar e título I.

3. O Regulamento (CE) nº 178/2002 polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria. O Regulamento (UE) nº 931/2011, relativo aos requisitos en materia de rastrexabilidade establecidos polo Regulamento (CE) nº 178/2002.

4. O Regulamento (CE) nº 852/2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios. Os sistemas de autocontrol baseados nos principios da análise de perigos e puntos de control crítico: directrices do Codex Alimentarius. Comunicación da Comisión Europea sobre a aplicación de sistemas de xestión da seguridade alimentaria que recollen programas de prerrequisitos (PPR) e procedementos baseados nos principios do APPCC, incluída a facilitación/flexibilidade respecto da súa aplicación en determinadas empresas alimentarias.

5. O Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.

6. O Decreto 399/1996: programas de control sanitario de moluscos bivalvos vivos en Galicia, control sanitario de biotoxinas e microbiolóxico nos centros de expedición, depuración, transformación e, en xeral, de manipulación de moluscos bivalvos vivos. Orde do 15 de xaneiro de 2002 pola que se regula a extracción e comercialización de vieira (Pecten maximus).

7. O Real decreto 640/2006 polo que se regulan determinadas condicións de aplicación das disposicións comunitarias en materia de hixiene, da produción e comercialización dos produtos alimenticios. Real decreto 1376/2003, do 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e o seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo.

8. O Regulamento (UE) 2017/625, relativo aos controis e outras actividades oficiais realizadas para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos e das normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios: títulos I ao V, o capítulo I do título VI e o anexo III.

9. O Regulamento (CE) nº 2073/2005, relativo aos criterios microbiolóxicos aplicables aos produtos alimenticios: agás os anexos. O Regulamento de execución 2015/1375 polo que se establecen normas específicas para os controis oficiais da presenza de triquinas na carne: obrigas das autoridades competentes e dos operadores de empresas alimentarias.

10. O Real decreto 3484/2000 polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

11. O Regulamento 1881/2006 polo que se fixa o contido máximo de determinados contaminantes nos produtos alimenticios: agás os anexos. Os métodos de mostraxe e análises para o control de contaminantes nos produtos alimenticios establecidos nos regulamentos 401/2006, 1882/2006, 333/2007 e 2017/644: agás os anexos.

12. O Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos. O Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

13. O Regulamento (CE) nº 1333/2008, sobre aditivos alimentarios, sen incluír os anexos excepto o anexo I.

14. Materiais en contacto con alimentos: o Regulamento 1935/2004, sobre os materiais e obxectos destinados a entrar en contacto con alimentos.

15. O Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano: agás os anexos. O Real decreto 1798/2010 polo que se regula A explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano: sen incluír os anexos excepto os anexos III ao VII. O Real decreto 1799/2010 polo que se regula o proceso de elaboración e comercialización de augas preparadas envasadas para o consumo humano: agás os anexos.

16. O Regulamento 589/2008 polo que se establecen as disposicións de aplicación das normas de comercialización dos ovos: sen incluír os anexos excepto o anexo II.

17. A Lei 8/2003, de sanidade animal: disposicións xerais. Prevención das enfermidades dos animais. Loita, control e erradicación de enfermidades dos animais. Laboratorios. Ordenación sanitaria do mercado dos animais. Inspeccións, infraccións e sancións.

18. A normativa estatal pola que establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (Rega). A normativa estatal pola que se establece e regula o Rexistro xeral de movementos de gando (Remo) e o Rexistro xeral de identificación individual dos animais (Riia).

19. A normativa estatal pola que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións porcinas intensivas. A normativa estatal pola que se establecen normas básicas de ordenación de gando porcino extensivo.

20. A normativa estatal de ordenación da avicultura de carne. A normativa estatal pola que se establece e regula o Rexistro xeral de establecementos de galiñas poñedoras.

21. A normativa estatal pola que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas. A normativa estatal pola que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.

22. A normativa estatal pola que se regula a ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal das explotacións equinas e se establece o plan sanitario equino.

23. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.

24. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie porcina. A normativa estatal pola que se regula o sistema de identificación e rexistro dos animais da especie equina.

25. A normativa estatal pola que se establece a lista das enfermidades dos animais de declaración obrigatoria e se regula a súa notificación. A normativa estatal pola que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais.

26. A normativa estatal sobre a vixilancia das zoonoses e os axentes zoonóticos: disposicións xerais. Vixilancia das zoonoses e dos axentes zoonóticos. Resistencia aos antimicrobianos. Brotes de zoonoses. Zoonoses e axentes zoonóticos que deben ser obxecto de vixilancia. O Regulamento (CE) nº 2160/2003 sobre o control da salmonela e outros axentes zoonóticos específicos transmitidos polos alimentos: disposicións introdutorias. Obxectivos comunitarios. Programas de control. Zoonoses e axentes zoonóticos con respecto aos cales se fixarán obxectivos comunitarios de redución da prevalencia. Control das zoonoses e dos axentes zoonóticos mencionados.

27. O Regulamento (CE) nº 999/2001 polo que se establecen disposicións para a prevención, o control e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles: disposicións xerais. Determinación da cualificación sanitaria respecto da EEB. Prevención das EET. Control e erradicación das EET.

28. A normativa estatal pola que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino. A normativa estatal pola que se establecen as bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.

29. A normativa estatal sobre normas sanitarias para o intercambio intracomunitario de animais das especies bovina e porcina.

30. A normativa estatal pola que se establecen as normas de policía sanitaria que regulan os intercambios intracomunitarios de animais das especies ovina e cabrúa. A normativa estatal pola que se establecen as condicións de sanidade animal aplicables aos intercambios intracomunitarios de aves de curral e ovos para incubar.

31. O Regulamento (UE) 2019/6 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, sobre medicamentos veterinarios: obxecto, ámbito de aplicación e definicións e subministración e uso.

32. O Plan nacional de investigación de residuos: medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos. Prohibición de utilización de determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias beta-agonistas de uso na cría do gando. Excepcións.

33. O Regulamento (CE) nº 1069/2009, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: disposicións xerais. Obrigas xerais dos explotadores.

34. O Regulamento (UE) nº 142/2011, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: recollida, transporte e rastrexabilidade. Materias primas para alimentación animal. O Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano: recollida, transporte e identificación, documento comercial e certificado sanitario, rexistro e autorización.

35. O Regulamento (CE) nº 183/2005 sobre requisitos en materia de hixiene dos pensos. O Real decreto 629/2019, do 31 de outubro, polo que se regula o Rexistro Xeral de Establecementos no Sector da Alimentación Animal, as condicións de autorización ou rexistro dos ditos establecementos e dos puntos de entrada nacionais, a actividade dos operadores de pensos, e a Comisión nacional de coordinación en materia de alimentación animal.

36. O Regulamento (CE) nº 767/2009 sobre a comercialización e a utilización dos pensos: disposicións preliminares, requisitos xerais, comercialización de tipos específicos de pensos, etiquetaxe, presentación e envasado, e catálogo comunitario de materias primas para pensos e códigos comunitarios de boas prácticas de etiquetaxe.

37. O Regulamento (UE) 2019/4, relativo á fabricación, a comercialización e o uso de pensos medicamentosos. O Regulamento (CE) nº 1831/2003 sobre os aditivos na alimentación animal: ámbito de aplicación e definicións; etiquetaxe e envasado.

38. A normativa estatal pola que se regula o control oficial do rendemento leiteiro para a avaliación xenética nas especies bovina, ovina e cabrúa.

39. A normativa estatal pola que se establecen as condicións básicas de recollida, almacenamento, distribución e comercialización de material xenético das especies bovina, ovina, cabrúa e porcina, e dos équidos.

40. A normativa estatal pola que se establecen as normas zootécnicas aplicables aos animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo, e se actualiza o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras.

41. A Lei 32/2007 para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio. A normativa estatal relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras.

42. A normativa estatal relativa ás normas mínimas para a protección de tenreiros. A normativa estatal relativa ás normas mínimas para a protección de porcos.

43. O Regulamento (CE) nº 1/2005, relativo á protección dos animais durante o transporte e as operacións conexas: ámbito de aplicación, definicións e condicións xerais aplicables ao transporte de animais. Organizadores, transportistas, posuidores e centros de concentración. Deberes e obrigas das autoridades competentes. Aplicación do regulamento e intercambio de información. Especificacións técnicas do regulamento: aptitude para o transporte. Medios de transporte. Prácticas de transporte. Intervalos de subministración de auga, de alimentación e tempo de viaxe e de descanso. Disposicións complementarias para as viaxes longas de équidos domésticos e animais domésticos das especies bovina, ovina, cabrúa e porcina. Aspectos xerais do caderno de a bordo ou folla de ruta.

44. O Regulamento (CE) nº 1099/2009, relativo á protección dos animais no momento da matanza.

45. Lei 4/2017, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia: títulos preliminar, I, II e III.

46. A Lei 50/1999 sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. A regulación da tenza de animais potencialmente perigosos, do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos e do adestramento de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.

47. Información alimentaria facilitada ao consumidor: o Regulamento (UE) nº 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor: agás os anexos IV e do XIII ao XV. O Real decreto 126/2015, de 27 de febreiro, polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda por petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo. Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios. Real decreto 1808/1991, polo que se regula a identificación do lote a que pertence un produto alimenticio.

48. O Regulamento (UE) nº 1380/2013 sobre a política pesqueira común: da parte I Disposicións xerais. Da parte III o título I «Medidas de conservación» e título II «Medidas específicas». Da parte VII «Acuicultura». Da parte IX «Control e execución», agás os anexos. Regulación dos tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia.

49. O Regulamento (CE) nº 1224/2009 polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da política pesqueira común: disposicións xerais. Principios xerais. Control da comercialización. O Regulamento (UE) nº 404/2011 que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 1224/2009: o control de comercialización.

50. A Lei 11/2008, de pesca de Galicia: conservación e xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros. Comercialización, transformación e promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura. Réxime sancionador.

51. O Regulamento (UE) nº 1379/2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura: disposicións xerais. Normas comúns de comercialización. Información do consumidor.

52. Normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco en Galicia e en España. O sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca en Galicia. O control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos en Galicia. A regulación da descarga, transporte e primeira venda dos produtos pesqueiros e acuícolas dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa en Galicia.

53. Requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, e prevención e control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos: disposicións xerais. Explotacións de acuicultura e establecementos de transformación autorizados. Requisitos zoosanitarios para a posta no mercado de animais e produtos da acuicultura. Notificación e medidas mínimas para o control de enfermidades. O Regulamento 1251/2008 polo que se aplica a Directiva 2006/88/CE no referente ás condicións e aos requisitos de certificación para a comercialización e a importación na Comunidade de animais da acuicultura e produtos derivados e se establece unha lista de especies portadoras: agás os anexos.

ANEXO II

(Nome e apelidos do aspirante)..., con domicilio en..., con NIF/NIE/pasaporte..., declara, para os efectos de ser nomeado/a persoal laboral na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, que non foi despedida/o nin separada/o, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se encontra en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao dito corpo ou escala.

..., ... de... de 20...

ANEXO III

(Nome e apelidos do aspirante)..., con domicilio en..., con NIF/NIE/pasaporte..., declara, para efectos de ser nomeada/o persoal laboral na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, que non se encontra inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de..., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

(país e localidade)..., ... de... de 20...

ANEXO IV

Proceso de consolidación de emprego

Código do posto

Denominación

Grupo

Categoría

MRC992001015060020

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992001015060021

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992003015350020

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992003015350022

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992003015350023

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992002015190020

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992001015060003

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992001015060004

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992001015060022

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992005027001017

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992006027060011

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992006027060012

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992009027640016

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992009027640017

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992009027640018

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992008027300012

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992007127290025

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992007127290026

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992013036240013

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992013036240014

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992013036240015

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992013036240016

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992013036240019

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992013036240020

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992010032001010

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992003415350020

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992002115190030

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992005127001040

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992005127001041

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992009127640050

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992009127640051

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992007127290027

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC991050127001046

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC991050127001047

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC991050127001048

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005