Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48624

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso.

En sesión do día 3 de decembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG número 48, do 8 de marzo), modificada polas ordes do 12 de marzo de 2019 (DOG número 51, do 13 de marzo), do 24 de abril de 2019 (DOG número 79, do 25 de abril) e do 5 de decembro de 2019 (DOG número 240, do 18 de decembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. Modificar a Resolución do 29 de setembro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso (DOG número 202, do 6 de outubro de 2020), no sentido de asignarlle ao aspirante Fernando Chao Garza 3,5 puntos na epígrafe II.3.1.1.b) do baremo.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Francisco Tomás Couso González
Presidente do tribunal