Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48700

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (814/2018).

Xuízo verbal (XVH) (desafiuzamento precario) 814/2018-A

Procedemento de orixe: XVO xuízo verbal (reclamación de posesión 250.1.4) 814/2018

Sobre desafiuzamento en precario

Demandante: Real State Ventures Spain, S.L.

Procuradora: Carina Zubeldia Blein

Abogada: María Almudena Alonso Bezos

Demandados: ocupantes do inmueble camiño Laxe, Redomeira, 18, Vigo

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Benigo Sánchez

Lugar: Vigo

Data: vinte e nove de outubro de dous mil dezanove

Demandante: Real State Ventures Spain, S.L.

Avogada: María Almudena Alonso Bezos

Procuradora: Carina Zubeldia Blein

Demandados: ocupantes do inmoble camiño Laxe, Redomeira, 18, Vigo

Vistos por min, Mª Isabel Benito, como xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos por instancia de Real State Ventures Spain, S.L., representada pola procuradora Sra. Zubeldía Blein e asistida pola letrada Sra. Alonso Bezos, contra ignorados ocupantes, en rebeldía procesual.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A procuradora instante na citada representación presentou demanda de xuízo verbal contra os arriba citados e, tras alegar os feitos e fundamentos xurídicos que tivo por conveniente, terminaba solicitando que se ditase sentenza de conformidade co suplico da demanda.

Alega que a súa representada é titular do predio urbano sito no número 18 do camiño Laxe, Redomeira, na parroquia de Teis, Vigo, por adquirila en virtude de cesión de remate no marco da execución hipotecaria número 532/2009-U, do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, e tomaou posesión dela en data 13 de febreiro de 2017; con posterioridade a que a dita leira fose adxudicada, foi ocupada por moradores descoñecidos, que carecen de título que lexitime a súa posesión, e sen contraprestación ningunha pola dita utilización, sen faceren caso omiso aos requirimentos do seu mandante para que desaloxen a vivenda, polo que, en exercicio da acción de desafiuzamento por precario, solicita que se dite sentenza pola que se declare que procede o desafiuzamento da dita vivenda, e se condenen os demandados ao seu desaloxamento, deixándoa libre e expedita a mercé do seu lexítimo propietario, así como condenalos ao pagamento das custas procesuais.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, deuse traslado á parte demandada, que non compareceu para contestar a demanda, polo que foi declarada en rebeldía.

Terceiro. Dado traslado, a parte demandante non solicitou a realización de vista, polo que quedaron os autos vistos para sentenza.

Cuarto. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais esenciais.

Decisión.

Estimo integramente as pretensións da demandante e decreto o desafiuzamento da vivenda sita na rúa camiño Laxe, Redomeira, 18, Vigo, e condeno os ignorantes ocupantes dela ao desaloxamento da vivenda, que deberán deixar libre e expedita a mercé do seu lexítimo propietario, con expresa imposición en custas á parte demandada.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días desde o seguinte á súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia dos ignorados ocupantes da vivenda obxecto de litis, expídese o presente edicto para que lles sirva de cédula de notificación.

Vigo, 25 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza