Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48702

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (337/2018).

Procedemento ordinario 337/2018

Sobre outras materias

Demandante: Santander Consumer EFC, S.A.

Procuradora: María José Giménez Campos

Avogado: Luis Sanjiao García

Demandado: Fernando Rafael Prado Rey

Eu, Ivanka Ferreiro Crespo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante este edicto notifícase a Fernando Rafael Prado Rey a Sentenza 36/2020, do 25 de marzo, cuxa resolución é a seguinte, debendo publicarse este no Diario Oficial de Galicia (DOG):

Resolución:

Estimando a demanda interposta por Santander Consumer EFC, S.A., representada pola procuradora María José Giménez Campos contra Fernando Rafael Prado Rey, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado a aboar, á demandante a cantidade de sete mil novecentos corenta e cinco euros con trinta e tres céntimos (7.945,33 €), máis os xuros correspondentes. Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Cambados, 12 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza