Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48910

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez convocado proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Publica

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2)

– Tribunal titular:

Presidencia:

Luis Miguel Vázquez Carreira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

Cristina Benita Alonso Núñez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

Gonzalo Saborido Martínez, persoal funcionario, asistente social do Concello de Muxía.

Esther Fernández Rego, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de orientación.

Miguel Cid Outeiriño, persoal funcionario, traballador social do Concello de Oza.

– Tribunal suplente:

Presidencia:

Pilar Lestido Parra, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación.

Secretaría:

Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.

Vogais:

María Consuelo Neira Leis, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Sandra María Abeijón Romero, persoal funcionario, asistenta social do Concello de Vimianzo.

Manuel Barreiro Ferro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación.