Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48912

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), pola Orde da Consellería de Facenda do 31 de outubro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Publica

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2)

– Tribunal titular:

Presidencia:

Camilo Rios Gestal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

Pablo Antonio Pía Castiñeira, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Vogais:

Julia Villaverde Nimo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.

María Dolores Antelo Collazo, persoal funcionario, traballadora social do Concello de Laxe.

– Tribunal suplente:

Presidencia:

María del Rosario Ureña Lara, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría:

María del Carmen Fernández Garrido, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Yolanda Castro Vázquez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Margarita María Docanto Alonso, persoal funcionario, traballadora social do Concello de Cabana de Bergantiños.