Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48914

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro) e a corrección de erros (DOG núm. 229, do 2 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Publica

ANEXO

Grupo II, categoría 017, asistenta/e social, de persoal laboral fixo
da Xunta de Galicia

– Tribunal titular:

Presidencia:

Luis Miguel Vázquez Carreira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1

Secretaría:

Cristina Benita Alonso Núñez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

Gonzalo Saborido Martínez, persoal funcionario, asistente social do Concello de Muxía.

Esther Fernández Rego, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de orientación.

Miguel Cid Outeiriño, persoal funcionario, traballador social do Concello de Oza.

– Tribunal suplente:

Presidencia:

Pilar Lestido Parra, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación.

Secretaría:

Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.

Vogais:

María Consuelo Neira Leis, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Sandra María Abeijón Romero, persoal funcionario, asistenta social do Concello de Vimianzo.

Manuel Barreiro Ferro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de orientación.