Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48916

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 25 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería.

Por Orde do 17 de xullo de 2007 regúlase a relación laboral do profesorado de Relixión e dítanse instrucións relativas á provisión de postos. No artigo 6 da citada orde prescríbese que a partir do inicio do curso académico 2009/10, as vacantes de Relixión que se produzan nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade serán ofertadas a provisión, mediante concurso de traslados anual, entre o profesorado de Relixión que presta servizos no correspondente nivel educativo na Comunidade Autónoma de Galicia e que posúa o nivel de formación de perfeccionamento da lingua galega ou equivalente. Así mesmo, establécese que este concurso convocarase en datas similares ás convocatorias que se realicen para a provisión de postos correspondentes aos funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

De conformidade coa Orde do 17 de xullo de 2007, aprobada a nova relación de postos de traballo do profesorado de Relixión pola Orde do 12 de xuño de 2020 e existindo postos vacantes nos centros docentes, que se deben prover entre profesorado de Relixión dos niveis educativos que a continuación se citan, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dispón convocar concurso de traslados coas seguintes bases.

Primeira. Obxecto

Convocase concurso de traslados, de acordo coas especificacións que se citan na presente orde, para a provisión de postos vacantes entre profesorado de Relixión dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade dos niveis educativos:

– Educación infantil e primaria.

– Educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Segunda. Vacantes

As vacantes que se ofertan neste concurso son as que se publican como:

– Anexo I para o nivel educativo de educación infantil e primaria de Relixión católica.

– Anexo II para o nivel educativo de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Relixión católica.

– Anexo III para o nivel educativo de educación infantil e primaria de Relixión evanxélica.

– Anexo IV para o nivel educativo de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Relixión evanxélica.

Ofertaranse, ademais, as vacantes que se produzan ata o 31 de decembro de 2020 e as resultas que se orixinen en cada nivel educativo na resolución do propio concurso, estas sempre que estea previsto o seu funcionamento na planificación xeral educativa.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, poderán ofertarse as prazas que queden vacantes do nivel educativo de infantil e primaria como consecuencia da resolución do concurso de traslados do nivel educativo de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Terceira. Prazas que pode solicitar o profesorado de Relixión

1. O profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido poderá solicitar as prazas da Relixión e do nivel educativo que se correspondan co seu contrato de traballo.

2. O profesorado de Relixión con contrato laboral temporal ou que consolidou posto na lista poderá solicitar prazas da Relixión e do nivel educativo que se correspondan co seu contrato laboral temporal ou coa lista en que consolidou o seu posto.

Cuarta. Participación voluntaria do persoal laboral indefinido de Relixión

1. Poderá participar voluntariamente no presente concurso:

a) O profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillas, fillos e familiares, ou de excedencia forzosa, que preste servizos en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

b) O profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido en situación de excedencia declarada desde un centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

2. O profesorado de Relixión que imparte os niveis educativos de educación infantil e primaria poderá solicitar, ademais das vacantes que figuran nos anexos I ou III da presente orde, as prazas que figuran no anexo I ou III da Orde do 12 de xuño de 2020, pola que se dá publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de Relixión, agás o profesorado do nivel de educación secundaria e bacharelato que foi adscrito a centros de educación infantil e primaria. Este profesorado poderá participar no concurso a prazas do nivel educativo de secundaria e bacharelato.

3. O profesorado de Relixión que imparte os niveis educativos de educación secundaria obrigatoria e bacharelato poderá solicitar, ademais das vacantes que figuran nos anexos II ou IV da presente orde, as prazas que figuran no anexo II ou III da Orde do 12 de xuño de 2020, pola que se dá publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de Relixión.

4. Os que desexen exercer un dereito preferente para a obtención de destino deberán aterse ao que se determina na base oitava da presente convocatoria.

Quinta. Participación voluntaria do persoal laboral temporal de Relixión

1. Poderán, así mesmo, participar no presente concurso de traslados o profesorado de Relixión con contrato laboral temporal, que preste ou prestase servizos en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e se manteña nas listas de persoal laboral temporal de profesorado de Relixión. Para estes efectos, enténdese que prestaron servizos todas aquelas persoas que, correspondéndolles unha interinidade ou substitución, non tomaron posesión dela por unha das causas previstas na Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias.

Enténdese, así mesmo, incluído nas listas de persoal laboral temporal do profesorado de Relixión do nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato o persoal que no seu día foi excluído delas por ser persoal laboral indefinido de Relixión no nivel educativo de educación infantil e primaria.

2. O profesorado de Relixión con contrato laboral temporal que imparte os niveis educativos de educación infantil e primaria poderá solicitar, ademais das vacantes que figuran nos anexos I ou III da presente orde, as prazas que figuran no anexo I ou III da Orde do 12 de xuño de 2020, pola que se dá publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de Relixión.

3. O profesorado de Relixión con contrato laboral temporal que imparte os niveis educativos de educación secundaria obrigatoria e bacharelato poderá solicitar, ademais das vacantes que figuran nos anexos II ou IV da presente orde, as prazas que figuran no anexo II ou III da Orde do 12 de xuño de 2020, pola que se dá publicidade á relación de postos de traballo do profesorado de Relixión.

Sexta. Participación forzosa no concurso de traslados

Están obrigados a participar no presente concurso o profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido que estea prestando servizos no momento da convocatoria e non teña unha praza asignada con destino definitivo na relación de postos de traballo do profesorado de Relixión aprobada pola Orde do 12 de xuño de 2020.

O profesorado que non ten un destino definitivo na relación de postos de traballo do profesorado de Relixión aprobada pola Orde do 12 de xuño de 2020 estará obrigado a solicitar todas as prazas vacantes ou de posible resultas nun raio de 25 km desde o que foi o seu centro base de referencia ao centro base dos novos postos de traballo publicado pola Orde do 12 de xuño de 2020.

O profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido sen destino definitivo e que non o obteña na resolución do concurso de traslados será destinado provisionalmente pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Sétima. Requisito de coñecemento da lingua galega

De conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 17 de xullo de 2007, para participar no concurso de traslados o profesorado de Relixión terá que acreditar a capacitación en lingua galega, debendo estar en posesión do certificado de lingua galega (Celga 4), ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou ter o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 2 de decembro.

Oitava. Dereito preferente a localidades

1. Terán dereito preferente á localidade en que estaba situado calquera dos centros que compoñían o seu derradeiro centro de destino definitivo o profesorado de Relixión en situación de servizo activo que non ten destino definitivo na relación de postos de traballo do profesorado de Relixión publicada pola Orde do 12 de xuño de 2020.

2. Este dereito preferente, que ten carácter voluntario, esténdese a todas as localidades incluídas na súa última praza de destino definitivo e esténdese a todas aquelas que se encontren nun radio de 10 km das localidades en que tiña o seu último centro.

3. Para que o dereito preferente teña efectividade, os solicitantes están obrigados a consignar na súa solicitude de participación a opción ao exercicio do dereito preferente e pedir en primeiro lugar todas as prazas correspondentes aos centros convocados no concurso de traslados dentro das localidades en que aspiren a exercer o dereito preferente, relacionados por orde de preferencia.

O profesorado de Relixión concursante polo apartado de dereito preferente á localidade ou localidades, no caso de que omitise algunha das prazas da localidade ou localidades onde desexe exercer o dereito preferente, a Administración educativa, de oficio, consignará as prazas restantes da dita localidade ou localidades.

4. Non teñen dereito preferente a localidade ou localidades do seu último destino definitivo o persoal laboral indefinido de Relixión en situación de excedencia con perda de praza ou o profesorado que reingresou nun destino provisional procedente dunha situación de excedencia que implicou a perda do destino definitivo.

Novena. Forma de participación

1. As prazas solicitaranse especificando o código do centro base que consta na relación de postos de traballo do profesorado de Relixión aprobada pola Orde do 12 de xuño de 2020.

2. A solicitude, polo tanto, non se fai polo código da praza que tamén consta na relación de postos de traballo.

3. O persoal concursante presentará unha única instancia por nivel educativo, que se poderá imprimir e descargar unha vez cubertos os datos de participación no concurso a través do enderezo web (www.edu.xunta.es/cxt).

4. No suposto de participar no concurso por máis dun nivel educativo, presentarase unha solicitude por cada nivel en que se participa.

5. A solicitude cubrirase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt.

Lembrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es, polo que quen no a teña deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario/.

6. Persoal que non ten completo o expediente persoal na base de datos.

Ao acceder á aplicación informática do concurso, o persoal encontrarase con todos os datos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten informatizados do seu expediente persoal.

De estar o expediente incompleto, o persoal concursante interesado completarao na base de datos, e imprimirá a solicitude e a folla de alegacións que xera a propia aplicación informática, xunto coa documentación xustificativa a que se fai referencia no anexo V, entregaraa conforme as normas recollidas na base décima no prazo de solicitudes previsto na base décimo primeira.

Décima. Data en que se deben reunir os requisitos de participación e de méritos

Todos os requisitos de participación, así como os méritos alegados teñen que reunirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, acreditándose na forma que se establece na presente convocatoria.

Non serán tidos en conta aqueles méritos alegados que non fosen debidamente xustificados no prazo de solicitudes establecido na base décimo primeira. Sen prexuízo do anterior, cando a documentación achegada non reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, requirirase a persoa interesada para que achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición ou non se terá en conta o mérito alegado correspondente.

Décimo primeira. Presentación da solicitudes

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, deberá terse en conta que, para outros efectos distintos do concurso de traslados, as secretarías dos centros docentes non son unha das oficinas en que poden presentarse documentos dirixidos a calquera organismo público.

Décimo segunda. Prazo de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha solicitude nin a modificación das presentadas.

Décimo terceira. Comisión de Avaliación

A asignación da puntuación que lle corresponde aos concursantes levarase a efecto por unha comisión constituída por persoal funcionario destinado na Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Esta Comisión estará cualificada na categoría primeira, a efectos do previsto do no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo).

Décimo cuarta. Criterios de prioridade na adxudicación de destinos

1. Dereito preferente a localidade ou localidades.

a) O dereito preferente a localidade ou localidades implica que os participantes que o exerzan terán prioridade na adxudicación das prazas da localidade ou das localidades correspondentes, fronte aos concursantes de adxudicación ordinaria.

b) Se hai dous ou máis participantes con pleno dereito a unha localidade, a prioridade de adxudicación virá determinada pola maior puntuación total na aplicación do baremo de méritos.

c) No suposto de que se produzan empates no total das puntuacións, aplicarase o criterio de maior antigüidade na localidade.

2. Adxudicación ordinaria.

2.1. Sen prexuízo da prioridade determinada polo exercicio dos dereitos preferentes previstos na convocatoria, o concurso resolverase por bloques, coa seguinte prioridade:

a) En primeiro lugar, adxudicarase praza ao profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido do nivel educativo de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

b) En segundo lugar, adxudicarase praza ao profesorado de Relixión con contrato laboral temporal do nivel educativo de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

c) En terceiro lugar, adxudicarase praza ao profesorado de Relixión con contrato laboral indefinido do nivel educativo de educación infantil e primaria.

d) En cuarto lugar, adxudicarase praza ao profesorado de Relixión con contrato laboral temporal do nivel educativo de educación infantil e primaria

2.2. Na adxudicación do concurso do nivel educativo de educación infantil e primaria ofertaranse as resultas que se produzan neste nivel pola adxudicación do concurso do nivel educativo de secundaria e bacharelato, sempre que estea previsto o seu funcionamento na planificación xeral educativa.

2.3. Dentro de cada bloque atenderase á puntuación resultante da aplicación do baremo de méritos contido no anexo V.

2.4. No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos puntos do baremo conforme a orde en que aparecen nel. Se persiste o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas subepígrafes pola orde en que aparecen no baremo. En ambos os casos, a puntuación que se tome en consideración en cada epígrafe non poderá exceder a puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo, nin, no suposto de subepígrafes, o que corresponda como máximo á epígrafe en que se encontren incluídos. Cando ao aplicar estes criterios, algunha ou algunhas das subepígrafes alcance a máxima puntuación outorgada á epígrafe a que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto de subepígrafes.

Décimo quinta. Resolución provisional do concurso

Unha vez asignadas as puntuacións que lle corresponden ao persoal concursante, procederase, conforme as peticións e aos méritos dos participantes, á adxudicación de destinos. As puntuacións e a resolución provisional do concurso faranse públicos na páxina web desta Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.es/gal).

Décimo sexta. Reclamacións e renuncias

O persoal concursante poderá presentar reclamacións ás resolucións provisionais, a través do órgano en que presentaron a súa instancia de participación, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Así mesmo, no mesmo prazo, o persoal participante voluntario poderá presentar renuncia á súa participación no concurso entendendo que tal renuncia afecta todas as peticións consignadas na súa solicitude de participación.

As persoas que desexen renunciar a súa participación no concurso, deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtiveran destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva.

Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base décimo primeira.

Décimo sétima. Resolución definitiva

Consideradas as reclamacións e renuncias a que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ditará as resolucións definitivas destes concursos de traslados. A citada resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.es/). As prazas adxudicadas na dita resolución son irrenunciables, debendo incorporarse os participantes ás prazas obtidas.

Décimo oitava. Recursos

Contra a resolución definitiva do presente concurso o persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de un mes segundo establecen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Décimo novena. Toma de posesión

A toma de posesión dos novos destinos terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2021. Non obstante, de ser o o caso, o profesorado que obtivese destino nestes concursos deberá permanecer nos seus centros de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Vixésima. Contrato de persoal laboral indefinido

O profesorado de Relixión con contrato laboral temporal que obteña destino definitivo no presente concurso de traslados pasará a ter contrato de persoal laboral indefinido.

Vixésimo primeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Código

Centro 1

Concello

Horas

Código

Centro 2

Concello

Código

Centro 3

Concello

Código

Centro 4

Concello

15021792

CEIP Salgado Torres

A Coruña

37,30

15025220

CEIP Plur. de Ventín

Ames

37,30

15013591

CEIP Plur. Santa María

As Pontes

37,30

15013643

CEIP

A Magdalena

As Pontes

15023053

CEIP Portofaro

Cambre

37,30

15002165

CEIP Wenceslao Fdez. Flórez

Cambre

37,30

15002578

CEIP Fogar

Carballo

37,30

15002578

CEIP Fogar

Carballo

37,30

15027708

CEIP Plur. Ría do Burgo

Culleredo

37,30

15006699

CEIP Recimil

Ferrol

37,30

15024227

CEIP de Pazos

Ferrol

15009241

CPI Plur. Virxe da Cela

Monfero

37,30

15023223

CEIP de Bemantes

Miño

15006729

CEE Terra de Ferrol

Ferrol

15018801

CEIP de Torres

Vilarmaior

15022310

CEIP A Gándara

Narón

37,30

15010058

CPI do Feal

Narón

37,30

15026960

CEIP de Ponzos

Ferrol

15032911

CEIP Juana de Vega

Oleiros

37,30

15014881

CEIP de Sada

Sada

15032868

CEIP Plur. do Camiño Inglés

Oroso

37,30

15025487

CEIP Campomaior

Ordes

15011981

CEIP José María Lage

Ortigueira

37,30

15014544

CEIP Plur. O Grupo

Ribeira

37,30

15014295

EEI Capela-Carreira

Ribeira

15014571

EEI Deán Grande

Ribeira

15017107

CEIP da Ramallosa

Teo

37,30

27010325

CEIP Plur.da Pontenova

A Pontenova

37,30

27011287

CEIP Plur.de Riotorto

Riotorto

27006164

CEIP Albeiros

Lugo

37,30

27006334

CEIP das Mercedes

Lugo

37,30

27016728

CEIP Illa Verde

Lugo

37,30

27014793

CEIP Paradai

Lugo

37,30

27006735

CEIP Plur. Poeta Avelino Díaz

Meira

37,30

27010064

CEIP Plur.Rosalía de Castro

Pol

27008513

CEIP Laverde Ruíz

Outeiro de Rei

37,30

32002122

CEIP Nosa Señora
de Xuvencos

Boborás

37,30

32006000

CEIP Emilia Pardo Bazán

Leiro

32015906

CEIP Pena Corneira

Carballeda de Avia

37,30

32003503

CEIP de Castrelo de Miño

Castrelo de Miño

32000708

CEIP Virxe de Guadalupe

Avión

32015116

CEIP Plur. Condesa de Fenosa

O Barco de Valdeorras

37,30

32005408

CEIP Virxe da Pena da Sela

O Irixo

37,30

32012103

CPI Virxe da Saleta

San Cristovo
de Cea

32001920

CEIP de Beariz

Beariz

32016327

CEIP A Ponte

Ourense

37,30

32009301

CEIP Plur.de Seixalbo

Ourense

37,30

32001312

CEIP de Baños
de Molgas

Baños de Molgás

32008768

CEIP O Couto

Ourense

37,30

32015463

CEE Miño

Ourense

37,30

32005691

CEIP Padre Crespo

Xunqueira de Ambía

32015797

CEIP Amaro Refojo

Verín

37,30

32013521

CEIP Princesa de España

Verín

37,30

32015657

CEIP de Medeiros

Monterrei

32015165

CEIP

O Castiñeiro

Laza

36000685

CEIP Pedro
Antonio Cerviño

Campo Lameiro

37,30

36015111

CPI Aurelio Marcelino
Rey García

Cuntis

36000879

CEIP Nazaret

Cangas

37,30

36000934

CEIP do Castrillón-Coiro

Cangas

37,30

36013552

CEIP de Seara

Moaña

37,30

36015378

CEIP de Tirán

Moaña

36018690

CEIP de Cabanas

Pontevedra

37,30

36006833

CEIP San Martiño

Pontevedra

36006390

CEIP Manuel Vidal Portela

Pontevedra

37,30

36007035

CPI Domingo Fontán

Portas

37,30

36013333

EEI de Romai

Portas

36013311

EEI de Lantaño

Portas

36010460

CEIP Alfonso D.
Rguez. Castelao

Vigo

37,30

36015627

CEIP García Barbón

Vigo

37,30

36012584

CEIP Plur. Rosalía de Castro

Vilagarcía de Arousa

37,30

ANEXO II

Código

Centro 1

Concello

Horas

Código

Centro 2

Concello

Código

Centro 3

Concello

15032145

IES de Pastoriza

Arteixo

37,30

15025268

IES As Telleiras

Narón

37,30

15025645

IES Ricardo Carballo Calero

Ferrol

15027216

IES Fernando Esquío

Neda

37,30

15023405

CPI A Xunqueira

Fene

15032081

IES de Fene

Fene

15026121

IES Plur. Xosé Neira Vilas

Oleiros

37,30

15027228

IES María Casares

Oleiros

32016431

IES San Mamede

Maceda

37,30

32006553

CEIP de Maceda

Maceda

32008033

CEIP Plur. de Luíntra

Nogueira de Ramuín

32001683

IES Martaguisela

O Barco de Valdeorras

37,30

32013958

CEIP Xosé M. Folla Respino

Vilamartín de Valdeorras

32015037

IES Manuel Chamoso Lamas

O Carballiño

37,30

32003001

IES Nº 1

O Carballiño

32008951

IES Ramón Otero Pedrayo

Ourense

37,30

32009131

IES Universidade Laboral

Ourense

36001148

CPI da Cañiza

A Cañiza

37,30

36015101

IES da Cañiza

A Cañiza

36004927

CPI de Mondariz

Mondariz

36000481

IES Ramón Cabanillas

Cambados

37,30

36011579

IES A Guía

Vigo

37,30

36011567

IES Castelao

Vigo

36011580

IES San Tomé de Freixeiro

Vigo

37,30

36020374

IES Valadares

Vigo

36019050

IES de Beade

Vigo

37,30

36017430

IES Ricardo Mella

Vigo

ANEXO III

Código

Centro 1

Concello

Horas

Código

Centro 2

Concello

Código

Centro 3

Concello

Código

Centro 4

Concello

15021792

CEIP Salgado Torres

A Coruña

37,30

15021627

CEIP Emilia Pardo Bazán

A Coruña

15021536

CEIP Plur. Víctor López Seoane

A Coruña

37,30

15005026

CEIP Sanjurjo de
Carricarte

A Coruña

15023363

CEIP Manuel
Murguía

A Coruña

15027332

CEIP das Fontiñas

Santiago de C.

37,30

27014793

CEIP Paradai

Lugo

37,30

32006929

CPI Terras de Maside

Maside

37,30

32002951

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

O Carballiño

36010423

CEIP Valle-Inclán

Vigo

37,30

36015068

CEIP Balaídos

Vigo

36016061

CEIP Plur.

A Doblada

Vigo

ANEXO IV

Código

Centro 1

Concello

Horas

Código

Centro 2

Concello

Código

Centro 3

Concello

Código

Centro 4

Concello

27016704

IES Leiras Pulpeiro

Lugo

19

27016455

IES San Xillao

Lugo

32014801

IES Cidade de Antioquía

Xinzo de Limia

37,30

32015232

IES Lagoa de Antela

Xinzo de Limia

32004829

CEIP Rosalía
de Castro

Xinzo de Limia

32004830

CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

ANEXO V

I. Experiencia docente.

1.1. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de Relixión, no mesmo nivel educativo a que opta o/a aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

Puntuaranse por esta epígrafe os servizos prestados polo profesorado de Relixión de secundaria que se viu obrigado a impartir docencia en educación infantil e primaria.

2,0000 puntos.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Folla de servizos certificada pola Administración educativa ou certificacións da/o secretaria/o do centro co visto e prace da dirección, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade.

1.2. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de Relixión, en distinto nivel educativo ao que opta o aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

1,5000 puntos.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.

Folla de servizos certificada pola Administración educativa ou certificacións da/o secretaria/o do centro co visto e prace da dirección, en que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade.

1.3. Por cada ano de experiencia docente na impartición da área ou materia de Relixión noutros centros educativos.

0,2500 puntos.

A fracción de ano computarase a razón de 0,0208 puntos por cada mes completo.

Certificación da dirección do centro co visto e prace da Inspección Educativa, en que conste a data de toma de posesión e cesamento, área ou materia e nivel educativo.

II. Formación académica. Máximo 10 puntos.

2.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios.

2.1.1. Por posuír o título de doutor en estudos referentes á materia recoñecida pola confesión relixiosa e homologadas pola Administración pública.

5,0000 puntos

Copia simple do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 para a aplicación dos reais decretos 185/1985, do 23 de xaneiro e 1496/1987, do 6 de novembro, en materia de expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 13 de xullo), na Orde ECI/2514/2007, do 13 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais de máster e doutor, ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

2.1.2. Por posuír outro título de doutor.

4,0000 puntos

2.1.3. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso na función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos, 60 créditos.

3,0000 puntos

2.1.4. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.

2,0000 puntos

Copia simple do certificado-diploma correspondente.

2.1.5. Por ter premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao.

1,000 puntos

Copia simple da documentación xustificativa do mesmo.

2.2. Outras titulacións universitarias.

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as alegadas como requisito para o acceso ás listas de interinidades ou substitucións, valoraranse da forma seguinte:

2.2.1. Polo título universitario oficial de grao ou equivalente.

5,0000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar o mérito do subpunto 2.1.1.

2.3. Titulacións de primeiro ciclo.

2.3.1. Pola segunda e restantes diplomaturas en estudos referentes á materia recoñecidos pola confesión relixiosa e homologados pola administración pública.

3,5000 puntos

Copia simple de todos os títulos que se posúan ou certificado de aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes para a obtención dos devanditos títulos ou ciclos.

2.3.2. Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría.

3,0000 puntos

2.4. Titulacións de segundo ciclo:

2.4.1. Por cada licenciatura en estudos referentes á materia recoñecidos pola confesión relixiosa e homologados pola administración pública.

3,5000 puntos

Copia simple de todos os títulos que se posúan ou certificado de aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes para a obtención dos devanditos títulos ou ciclos.

2.4..2. Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo doutras licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.

1,0000 punto

2.5. Titulacións das ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas e da formación profesional.

Para valorar os certificados das escolas oficiais de idiomas e título profesional de música ou danza:

Copia simple do título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do devandito título ou certificación acreditativa de ter superado os estudos conducentes á súa obtención.

Para valorar as titulacións da alínea e) deberá presentarse certificación académica en que conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos.

a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa.

4,0000 puntos

b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa.

3,0000 puntos

c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa.

2,0000 puntos

d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa.

1,0000 punto

Cando proceda valorar as certificacións sinaladas nos puntos anteriores só se considerará a de nivel superior que presente o participante.

e) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de formación profesional ou equivalente:

2,0000 puntos

f) Por cada título profesional de música ou danza:

1,5000 puntos

III. Desempeño de cargos directivos e outras funcións. Máximo 10 puntos.

3.1. Por cada ano como vicedirector/a, subdirector/a, xefe/a de estudos, secretario/a en centros públicos docentes.

2,5000 puntos.

A fracción de ano computarase a razón de 0,2083 puntos por cada mes completo.

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamento dos devanditos cargos ou copia simple do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no cargo.

3.2. Outras funcións docentes.

Ata 5,0000 puntos

Por cada ano como coordinador/a de ciclo, coordinador/a do proxecto Abalar, coordinador de centro plurilingüe, coordinador de sección bilingüe, coordinador de auxiliares de conversa, responsable/coordinador do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinador da dinamización das TIC, responsable/coordinador de biblioteca, responsable/coordinador da convivencia escolar, responsable da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinador do equipo de normalización da lingua galega, coordinador de formación en centros de traballo, coordinador de programas internacionais, xefe/a de seminario ou departamento de centros públicos docentes, así como polo desempeño da función titorial exercida a partir da entrada en vigor da LOE.

1,0000 puntos.

A fracción de ano computarase a razón de 0,08333 puntos por cada mes completo.

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamento nas devanditas funcións, ou copia simple do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa desempeñando a función docente.

Polos subpuntos 3.1 e 3.2, no caso de que se desempeñase simultaneamente máis dun destes cargos ou funcións, non poderá acumularse a puntuación e valorarase o que poida resultar máis vantaxoso para o concursante.

IV. Formación e perfeccionamento. Máximo 10 puntos.

4.1. Por cursos e outras actividades de formación superados ou impartidos relacionados coa ensinanza da Relixión, organizados polas entidades relixiosas, as administracións educativas e outras institucións sen ánimo de lucro e recoñecidos ou homologados polas administracións educativas.

Máximo 5 puntos.

0,20 puntos por cada 10 horas de cursos superados.

0,20 puntos por cada 3 horas de cursos impartidos.

Copia simple do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade, ou cando sexa o caso, copia simple ou certificado acreditativo da impartición da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación da administración educativa.

4.2.– Por cursos e outras actividades de formación superados ou impartidos organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro, que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións anteditas, así como os organizados polas universidades ou entidades eclesiásticas, non incluídos no apartado anterior

Máximo 5 puntos.

0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados.

0,10 puntos por cada 3 horas de cursos impartidos.

5.– Por non ter destino na relación de postos de traballo publicada pola Orde do 12 de xuño de 2020.

15 puntos

Disposición complementaria primeira

Os méritos alegados polas persoas participantes teranse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, por tanto, os méritos perfeccionados e acreditados ata a finalización deste.

Disposición complementaria segunda Antigüidade

Para os efectos dos subpuntos 1.1, 1.2 e 1.3 os servizos que se prestasen en situación de excedencia forzosa e en excedencia por coidado de fillos ou de familiares.

Para os efectos da epígrafe I non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Non se baremarán os servizos prestados no estranxeiro.

Disposición complementaria terceira. Méritos académicos

1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse copia simple de cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso nas listas.

2. Nos subpuntos do 2.1 soamente se valorará un título por cada un deles. Non se baremará polo subpunto 2.1.3 ningún título de máster exixido para o ingreso na función pública docente. Así mesmo, para os efectos do subpunto 2.1.3, cando se alegue o título de doutor non se valorará o título de máster oficial que constitúa un requisito de acceso ao doutoramento.

3. No caso de persoal laboral docente do nivel educativo de infantil e primaria, non se valorarán polos subpuntos 2.3.1 e 2.3.2, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que se presente.

No caso de persoal laboral docente do nivel educativo de secundaria obrigatoria e bacharelato, non se valorarán por estos subpuntos 2.3.1 e 2.3.2, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fose necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

4. Non se valorarán os primeiro ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.

5. No caso de persoal laboral docente do nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, non se valorarán polos subpuntos 2.4.1 e 2.4.2, en ningún caso, os estudos desta natureza que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo, ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

As titulacións de só segundo ciclo e os títulos declarados para todos os efectos ao título universitario de licenciado, unicamente se valorarán como un segundo ciclo.

6. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación. Tampouco se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións que se asenten nunha mesma titulación.

7. Cando os títulos fosen obtidos no estranxeiro ou expedidos por institucións docentes doutros países, deberá achegarse, ademais, a correspondente homologación.

8. Non se baremarán polos subpuntos 2.3 e 2.4 os títulos universitarios non oficiais que conforme a disposición adicional décimo primeira do Real decreto 1397/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, sexan expedidos polas universidades en uso da súa autonomía.

Disposición complementaria cuarta. Cursos de galego

Os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e as súas validacións serán puntuables polo punto 4.2. Non se valorarán as validacións cando de forma simultánea se acredite a realización dos correspondentes cursos. Ao mesmo tempo, puntuaranse por este punto 4.2 os cursos de especialización.

Disposición complementaria quinta. Actividades de formación

1. En ningún caso serán valorados polo epígrafe IV aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

2. Computaranse ademais dos cursos, as xornadas, congresos, grupos de traballo, seminarios permanentes e os proxectos de formación nos propios centros.

3. Para os efectos do subpunto 4.2, as actividades realizadas a partir do 23 de maio de 2013, relacionadas nos artigos 32 a 40 da Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente do profesorado, para que sexan baremables no concurso de traslados deberán estar debidamente rexistradas no Rexistro Xeral das Actividades de Formación do Profesorado.