Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49050

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020.

No DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2020, publicouse a Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento TR802G e TR802J).

O artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que a alteración da distribución entre os créditos consignados non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

O día 5 de novembro de 2020 publícase no DOG núm. 224 a Resolución do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020, en que se redistribúe o crédito asignado en cada programa de axudas sen variar o orzamento total consignado na convocatoria, do seguinte xeito:

Procedemento

Programa de axudas

Aplicación

Incremento

Minoración

TR802G

progr. I

09.40.324C.470.0

35.408,89

TR802J

progr. II

09.40.324C.470.1

35.408,89

A pesar desta redistribución inicial, no programa I de subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G) non existe crédito suficiente na anualidade 2020 para atender todas as solicitudes. Por outra parte, no programa II de axudas para o fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J), unha vez resoltos todos os expedientes compróbase que existe remanente de crédito que se pode reasignar ao programa I.

Por todo o exposto e co fin de atender a totalidade das solicitudes do programa de axudas I da Orde do 5 de decembro de 2019

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020, redistribuíndo o crédito asignado en cada programa de axudas e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria:

Procedemento

Programa de axudas

Aplicación

Incremento

Minoración

TR802G

progr. I

09.40.324C.470.0

3.000,00

TR802J

progr. II

09.40.324C.470.1

3.000,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social