Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49047

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 7 de decembro de 2020 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) e se convocan para o ano 2020.

Mediante a Orde do 5 de decembro de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2020) establecéronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2020.

O día 6 de outubro de 2020, publicouse no DOG a Orde do 24 de setembro de 2020 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) e se convocan para o ano 2020, incrementándose en 300.000 euros o importe total destinado á concesión das axudas do programa I.

O día 5 de novembro de 2020, publicouse no DOG a Resolución do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2020, reasignándose ao programa I o remanente de crédito do programa II na contía de 35.408,89.

A citada Orde do 5 de decembro de 2019 establece no seu artigo 4, en que se recolle o financiamento, que estes importes se poderán ver modificados ou incrementados con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración do Estado como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais, todo iso de acordo co artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia, como existen dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de fondos incorporados no mesmo programa e servizo e coa finalidade de facer chegar as axudas ao maior número de persoas ou entidades beneficiarias posible, conforme o establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cómpre ampliar o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro do programa I de fomento do emprendemento en economía social regulado na Orde do 5 de decembro de 2019.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Incremento de financiamento

Increméntase en 115.590,00 euros o importe total destinado á concesión das axudas ao abeiro do programa I da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) e se convocan para o ano 2020 (DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2020). Deste xeito, o crédito da convocatoria queda establecido en 3.481.920,00 €, coa seguinte distribución:

– Programa I (ampliado): 1.917.328,89 € (09.40.324C.470.0).

– Programa II: 1.564.591,11 € (09.40.324C.470.1).

Este incremento da dotación aténdese con fondos finalistas, con créditos procedentes de fondos incorporados no mesmo programa e servizo reasignados ao código de proxecto 2016 00306.

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta os prazos establecidos para a presentación de solicitudes na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) e se convocan para o ano 2020.

Artigo 3. Prazo de xustificación das accións subvencionables

A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das accións subvencionables será a que se sinale na resolución de concesión e, como máximo, o 30 de decembro de 2020.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2020

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade