Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49269

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (402/2019).

Eu, Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente anuncio que no presente procedemento de familia, garda, custodia non matrimonial número 402/2019 seguido por instancia de Sonia Rita da Silva Fernandes e Paulo Jorge Rodríguez Soares fronte a Bruno Miguel da Silva Fernandes e Emilia Rosa da Silva Ferreira ditouse a Sentenza 103/2020, do 17.11.2020, cuxo ditame literal é o seguinte:

Que estimo a demanda presentada polo procurador Javier Varela González, en nome e representación de Sonia Rita da Silva Fernandes e Paulo Jorge Rodríguez Soares fronte a Emilia Rosa da Silva Ferreira e Bruno Miguel da Silva Fernandes e acordo:

1. A suspensión do exercicio da patria potestade, garda e custodia que teñen os proxenitores respecto da súa filla e atribución preventiva do exercicio da patria potestade aos hoxe demandantes, así como a garda e custodia desta.

2. Fixación do réxime de visitas, estadía e comunicación a favor dos proxenitores demandados descrito no outrosí digo primeiro do escrito de demanda.

Acórdase oficiar de forma urxente ao Servizo de Protección de Menores da Xunta de Galicia co fin de comunicarlles as medidas adoptadas por este xulgado de forma preventiva e temporal, ao apreciarse un claro suposto de posible desamparo da menor.

Non se realiza expresa condena en custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días

E encontrándose o devandito demandado, Bruno Miguel da Silva Fernandes, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Tui, 17 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza