Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución administrativa ditada no procedemento administrativo BS611A LU-0000016351.

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces a través do anuncio, emprázanse para proceder á notificación da resolución ditada no procedemento instado polas persoas interesadas relativo ao expediente relacionado no anexo.

Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións poderán interpor reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de 30 días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da notificación, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 15 de outubro de 2020

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/proc. BS611A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000016351

34250876N

Resolución de recoñecemento

9.9.2019