Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Amagi Investment Real State, S.L.
Domicilio social: avenida Fisterra, 176 , 15005 A Coruña.
Denominación: CT de 250 kVA para edificio na avenida Fisterra, 176.
Situación: avenida Fisterra, 176, 15005 A Coruña.
Características técnicas: liña de media tensión soterrada de 15 kV, con inicio e fin en empalmes que se van realizar na liña GRN-740 entre CT15CAW4 e CT 15CAS4, e entrada e saída no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al e lonxitude de 46 m en total.
Centro de transformación compacto de manobra exterior nun local no baixo do edificio, con celas prefabricadas SF6 (2L1P), dúas celas de liña (unha delas telecontrolada) e unha de protección con seccionador e fusibles (24 kV, 400 A, 16 kA). Transformador de 250 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15/0.4 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidera incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.
A Coruña, 4 de decembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.


