Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 19 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de ampliación da declaración de condición minero-medicinal e termal das augas captadas no pozo denominado Pozo 3 no Balneario da Brea, no concello de Vila de Cruces.

Esta xefatura territorial está tramitando a solicitude da sociedade Os Baños da Brea, S.L., NIF B36126563, de ampliación da declaración de condición minero-medicinal e termal das augas captadas no pozo denominado Pozo 3 situado no Balneario da Brea, en Paradela, na parroquia de Merza, no concello de Vila de Cruces.

De conformidade co disposto no artigo 4.3 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, a solicitude e o proxecto da ampliación da declaración de augas minero-medicinais e termais do Pozo 3, cuxas coordenadas son: X = 561.320 e Y = 4.734.360 (datum ETRS89, fuso 30).

A solicitude e o texto do proxecto da ampliación da declaración poderán ser consultados no seguinte enderezo electrónico:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Segundo. As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, preferiblemente, a través do formulario normalizado (PR004) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ademais dos lugares e rexistros establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Cando sexa indispensable a atención presencial e atendendo ás medidas fronte ao coronavirus, as persoas interesadas poderán acudir a esta xefatura territorial (avenida María Victoria Moreno, 43, 5ª planta, 36003 Pontevedra), mediante unha cita previa no número de teléfono 986 80 52 37.

Pontevedra, 19 de novembro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, artigo 62.3 e 63.1)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa de Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.