Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49208

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2020-2021.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 246, do luns 7 de decembro de 2020, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 48156, no título da resolución, onde di:

«RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020.».

Debe dicir:

«RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2020-2021.».