Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49347

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade de tres prazas de policía local (funcionario/a de carreira).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 193, con data do 13 de novembro de 2020, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a provisión en propiedade de tres prazas de policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á oferta de emprego público do Concello de Boiro do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 16 de novembro de 2020

José Ramón Romero García
Alcalde