Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49348

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa (expediente 2019/V001/000012).

Publícase o presente anuncio de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, por intento infrutuoso de notificación á interesada. Polo que, por medio deste, se pon de manifesto á persoa responsable,que a continuación se indica, o deber de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposto pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Expediente

Ref. catastral

Localización

Responsable

2019/V001/000012

15020A01501337

Lagareiros-Carnota

Celia Cubelo Caamaño

1. En virtude de canto antecede, comunicáselle á persoa responsable que dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario do deber de xestión da biomasa das parcelas indicadas, que se iniciará ao día seguinte da publicación do presente anuncio no BOE.

2. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

As persoas titulares dos terreos ou de dereitos de aproveitamento sobre estes, teñen o deber legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do 18.2 da Constitución.

Procederase a exección inmediata no caso de persistencia incumprimento da liquidación provisional que ascenderá a 1.688,89 € por ha, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez realizados os traballos, de ser o caso.

3. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase o correspondente expediente sancionador, tendo en conta o seguinte:

a) A Administración competente para sancionar é a municipal, dado que se incumpren os deberes de xestión e retirada en solo urbano. Artigo 54 da Lei 3/2007.

b) A cualificación da infracción sería Leve de conformidade co artigo 51.3.c) da Lei 3/2007, do 9 de abril.

c) A contía da sanción será de 100 a 1.000 €, de conformidade co artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co 50.1 da Lei 3/2007.

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta de especies arbóreas que deban ser retiradas.

4. O expediente administrativo estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Concello de Carnota.

Carnota, 27 de novembro de 2020

Juan Manuel Saborido Rama
Alcalde