Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49581

IV. Oposicións e concursos

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2020 pola que se convoca un posto de persoal directivo.

En virtude do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto que se indica no anexo I desta resolución.

Segundo. Aprobar as bases polas cales se rexerá o proceso de selección que se inclúen no anexo II.

Para participar nesta convocatoria, os/as candidatos/as utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.

Terceiro. A presente convocatoria e as distintas resolucións que se diten ao longo do proceso de selección serán publicadas na páxina web http://www.inega.gal

Cuarto. Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos deriven dela ou da actuación do tribunal de selección poderán ser impugnados polos/as interesados/as no prazo e na forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

Paula Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO I

Código: INEGA02DD.

Denominación do posto: director/a do Departamento de Enerxía.

Dependencia: axencia Instituto Enerxético de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro) do grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: alta dirección.

ANEXO II

Bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a do Departamento de Enerxía da axencia Instituto Enerxético de Galicia

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

A presente convocatoria ten por obxecto a cobertura do posto de director/a do Departamento de Enerxía da axencia Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 2. Vínculo

O vínculo coa persoa seleccionada formalizarase mediante un contrato laboral de alta dirección ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, excepto no suposto en que a persoa seleccionada sexa funcionaria de carreira pertencente ao grupo A, subgrupo A1, en que o vínculo se formalizará mediante libre designación.

O/a director/a estará suxeito ao réxime de incompatibilidades recollido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

De acordo co artigo 34.5 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, os contratos laborais de alta dirección do persoal directivo incluirán un pacto de permanencia e non competencia poscontractual polos dous anos seguintes á extinción do contrato.

Artigo 3. Requisitos dos/das aspirantes

Os/as aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:

a) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

b) Non padecer enfermidade nin estar afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

c) Ter feitos os dezaseis anos.

d) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

e) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, en que fose separado ou inhabilitado.

f) Estar en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou grao.

De ser o caso, para as titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación.

Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato.

Artigo 4. Solicitudes e prazo de presentación

As solicitudes para participar na presente convocatoria poderanse presentar por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento xenérico PR004A), https://sede.xunta.gal; no Rexistro da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (rúa Avelino Pousa Antelo, 5, 15707 Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso, deberá remitirse unha copia escaneada ao seguinte enderezo de correo electrónico: persoal.inega@xunta.gal, e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen (anexo IV).

O prazo para presentar as solicitudes será de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.

Na solicitude os/as aspirantes deberán presentar declaración responsable de que reúnen todos e cada un dos requisitos exixidos.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras e, ao abeiro do establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, implicará a autorización á axencia Instituto Enerxético de Galicia para comprobar os datos de carácter persoal que figuren no documento DNI/NIE da persoa que teña a condición de interesada, por medio do acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Administracións Públicas. Non obstante, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; neste caso, deberá presentar, xunto coa solicitude, unha copia cotexada do documento de identidade en vigor.

Así mesmo, deberá presentar copia cotexada do título universitario exixido ou certificación académica que acredite ter realizados os estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do título académico.

Coa solicitude tamén deberá relacionar de xeito individualizado cada un dos méritos que aleguen e xuntar a documentación acreditativa deles para a súa valoración, ben orixinal ou fotocopia cotexada. Os méritos alegados relacionaranse no anexo IV desta convocatoria e pode indicarse un mesmo mérito en varias das epígrafes do artigo 7 das bases. En ningún caso a relación feita polo/a aspirante vinculará a resolución final do tribunal.

Asemade, coa solicitude terá que achegarse o plan de actuación (recollido no artigo 7 das presentes bases) en soporte papel e en formato electrónico.

O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións e son responsabilidade do/da aspirante tanto os erros na súa consignación como a comunicación de calquera cambio.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o décimo quinto día hábil, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para calquera aclaración ou información adicional, as persoas interesadas poderán dirixirse á Unidade Técnica Económico-Orzamentaria a través do enderezo de correo electrónico persoal.inega@xunta.gal

Artigo 5. Admisión de aspirantes

Tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, a axencia Instituto Enerxético de Galicia ditará resolución en que se aproben as listas provisionais de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

A lista publicarase na páxina web da axencia Instituto Enerxético de Galicia e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución en que se aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Esta resolución farase pública na páxina web da axencia Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 6. Tribunal de selección

O tribunal de selección será nomeado mediante resolución da Dirección da axencia Instituto Enerxético de Galicia e será constituído unha vez publicada na web da axencia Instituto Enerxético de Galicia a relación definitiva de aspirantes. Serán de aplicación a este órgano as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

Artigo 7. Desenvolvemento do proceso de selección

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, a selección efectuarase polo procedemento de concurso. A puntuación máxima do proceso de selección é de 100 puntos.

O proceso consistirá na baremación de méritos alegados e na valoración do plan de actuación do Departamento de Enerxía.

7.1. Valoración dos méritos, cunha puntuación máxima de 70 puntos, na cal se terán en conta os seguintes aspectos:

a) Formación (máximo 20 puntos).

a.1) 3 puntos por cada máster ou curso de posgrao no eido da enerxía impartido por centros oficiais de titularidade pública.

a.2) 2 puntos por cada título de doutor no eido da enerxía expedido por centros oficiais de titularidade pública.

a.3) Por asistencia a cursos cunha duración igual ou superior a 15 horas lectivas no eido da enerxía: 0,05 puntos por cada hora ata un máximo de 15.

b) Experiencia (máximo 50 puntos).

b.1) Por experiencia laboral de, cando menos, 3 anos no desenvolvemento de postos directivos en entidades do sector público ou do sector privado no eido da enerxía: 0,5 puntos por mes de servizo ata un máximo de 30.

b.2) Por experiencia laboral de, cando menos, 3 anos no desenvolvemento de postos técnicos en entidades do sector público ou do sector privado no eido da enerxía: 0,25 puntos por mes de servizo ata un máximo de 20.

7.2. Plan de actuación.

Terá unha puntuación máxima de 30 puntos.

As persoas aspirantes deberán presentar un plan de actuación para o Departamento de Enerxía en que se recolla a estratexia que se vaia desenvolver a medio prazo. Este plan deberá conter as principais accións que se porán en marcha, con indicación dunha planificación estimada delas e o modelo de seguimento e avaliación que se aplicarán.

O plan non poderá superar os 50 folios de extensión, a dobre espazo por unha soa cara, letra arial, tamaño 11.

O plan valorarase conforme os seguintes criterios:

• Pertinencia, entendida como a adecuación dos obxectivos do plan proposto á estratexia e prioridades da axencia Instituto Enerxético de Galicia.

• Viabilidade, entendida como unha axeitada identificación e tratamento das condicións económicas, materiais, técnicas e humanas necesarias para afrontar as tarefas e atinxir os obxectivos que se propoñen no plan proposto.

• Eficacia, entendida como o grao previsible de consecución dos obxectivos e resultados propios do plan proposto.

• Eficiencia, entendida como a relación existente entre os obxectivos e os recursos que se estiman para acadalos.

• Sustentabilidade, grao en que os efectos transformadores derivados da posta en marcha do plan proposto poderán ser sostidos no tempo.

• Impacto, valoración e toma en consideración dos efectos directos e indirectos, derivados da posta en marcha do plan proposto.

• Coherencia e grao de consistencia entre os diversos compoñentes do plan proposto en relación cos fins que se propoñen.

• Contido innovador do plan proposto, valorando a novidade do proxecto e a súa potencial achega inspiradora para futuras iniciativas.

Para valorar o plan de actuación, o/a candidato/a deberá obter, cando menos, 50 puntos na epígrafe de méritos (artigo 7.1).

7.3. Cualificación e lista de persoas seleccionadas.

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes do proceso (7.1 e 7.2).

En caso de empate na puntuación total, dirimirase a favor da persoa que obteña maior puntuación nas distintas partes do proceso selectivo e pola orde establecida nel (1º baremación de méritos; 2º valoración do plan de actuación).

De persistir o empate, resolverase a favor do/da aspirante que teña a maior puntuación na epígrafe de experiencia laboral. Se aínda así persiste o empate, resolverase por sorteo.

Unha vez finalizado o proceso de selección, o tribunal publicará na páxina web da axencia Instituto Enerxético de Galicia as puntuacións obtidas polos aspirantes, con indicación do candidato/a seleccionado/a. Establécese un prazo de tres días, contado desde o seguinte ao da publicación na páxina web, para presentar alegacións. A estimación ou desestimación entenderase implícita na resolución definitiva.

O tribunal elevará á Dirección da axencia Instituto Enerxético de Galicia a proposta a favor do/da aspirante que obtivese a maior puntuación.

O nomeamento corresponde ao Consello Reitor da axencia Instituto Enerxético de Galicia, por proposta motivada da Dirección.

De non se presentaren solicitudes, de non cumprir ningunha das rexistradas os requisitos exixidos ou de se considerar que ningún dos candidatos/as resulta idóneo para o posto, a convocatoria será declarada deserta mediante resolución da Dirección da axencia Instituto Enerxético de Galicia.

A resolución que poña fin ao proceso de selección publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 8. Forma de acreditación e valoración dos méritos

A formación acreditarase mediante a presentación de fotocopia cotexada dos títulos ou certificados correspondentes á especialización, doutoramento, máster ou posgrao nos ámbitos establecidos, así como ás actividades formativas.

A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación dos documentos seguintes:

• Informe de vida laboral.

• No caso de servizos prestados por conta allea, será preciso informe da empresa en que consten as actividades ou tarefas desenvolvias durante o período de duración do contrato.

• No caso de servizos profesionais desenvolvidos por conta propia, será preciso presentar algún dos documentos seguintes: copia do contrato de prestación de servizos ou carta acreditativa/informe da entidade para a cal se desenvolveron estes.

• No caso de persoal funcionario: acta ou dilixencia de toma de posesión e certificado de tarefas, así como calquera outro documento que permita acreditar o cumprimento dos méritos asociados á experiencia laboral.

O tribunal non valorará aqueles méritos das persoas aspirantes que non estean acreditados nin aqueles posteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

Paula Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

missing image file
missing image file