Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49593

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2020 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servizos.

Ao estaren vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución e ser necesaria a súa provisión.

O xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución do 30 de abril de 2020, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 91.4 dos Estatutos da USC e no artigo 25 do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), resolve convocar a provisión dos ditos postos mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Poderá participar o persoal laboral fixo da USC, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme e os sancionados con cambio de localidade, que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase unicamente a través do Rexistro Electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberase presentar acompañada de curriculum vitae e deberanse xustificar documentalmente os méritos que se aleguen, agás que consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: director/a da Área de Promoción e Proxectos Internacionais.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico/a superior de xestión.

Complemento: 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: director/a da Área de Arquitectura e Urbanismo.

Grupo: I.

Categoría laboral: arquitecto/a.

Complemento: 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: director/a da Área de Operación de Infraestruturas.

Grupo: I/II.

Categoría laboral: arquitecto/enxeñeiro industrial/arquitecto técnico/enxeñeiro técnico industrial.

Complemento: 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file