Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de decembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, de notificación de audiencia de interesados en expedientes de responsabilidade patrimonial.

Por medio desta cédula, e dado que as notificacións de correos cursadas foron devoltas por causa de ausente de repartición, polo que foron infrutuosas, ponse de manifesto o expediente seguido para o efecto e concédeselles un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao desta publicación, co fin de que poidan formular alegacións e presentar os documentos oportunos, de conformidade co artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O expediente poderá ser consultado na Secretaría da Dirección de Recursos Humanos do Hospital Universitario Lucus Augusti, Pavillón Administrativo, sito no terceiro andar, na rúa Doutor Ulises Romero, nº 1, 27003, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (teléfono 982 29 63 30).

Transcorrido o prazo indicado sen que se producisen alegacións, o expediente seguirá a súa tramitación.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 1 de decembro de 2020

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do interesado

DNI

33738616P

34927896G