Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso dun equipamento educativo a espazo libre público E055 no Cope (Carracedo) (expediente 2127/2020).

O Pleno do Concello de Caldas de Reis, en sesión ordinaria do día 29 de outubro de 2020, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e en similares termos ca o previsto no artigo 65.7 do seu regulamento de desenvolvemento (Real decreto 143/2016, do 22 de setembro), o cambio de uso dun equipamento educativo a espazo libre público E055 no Cope (Carracedo), de setembro 2020, con base no informe técnico elaborado polo arquitecto Antonio Iglesias Álvaro-Gracia.

Segundo. Modificar a inscrición do ben que consta no Inventario municipal de bens.

Terceiro. Publicar o anuncio do acordo do cambio de uso no BOP de Pontevedra e no DOG para os efectos oportunos.

Cuarto. Remitir o presente acordo, xunto cunha copia autenticada do expediente electrónico, debidamente foliado, autenticado e dilixenciado (artigo 26 da LPACAP en relación co artigo 70 do devandito corpo legal), á Dirección Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, consonte o previsto no artigo 88 da LSG e no artigo 209.2.b) do RLSG. Así mesmo, comunicarase ao Catastro e ao Rexistro da Propiedade.

Caldas de Reis, 25 de novembro de 2020

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente