Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 2 de decembro de 2020, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-01058-O-2020 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-01058-O-2020 e nove máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 2 de decembro de 2020

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

proposta

PO-01058-O-2020

IB-1073-CF

X156998F

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
11.2.2020; 17.43; PO-11; 3,5

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-01102-O-2020

4904-CLX

53610697C

Transportar mercadorías perigosas en vultos utilizando envases, embalaxes, recipientes, GRG ou grandes embalaxes que carezan dalgún dos requisitos técnicos exixidos.
13.2.2020; 12.13; A-55; 10,0

Artigo 140.15.18 da LOTT

Artigo 197.16.18 do ROTT

Artigo 143.1 LOTT

Artigo 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-01355-S-2020

3973-BNB

35322895R

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.
29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 140.18 da LOTT

Artigo 197.19 do ROTT

Artigo 143.1 LOTT

Artigo 201.h) ROTT

2.001 euros

PO-01357-S-2020

3973-BNB

35322895R

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.
29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 140.34 da LOTT

Artigo 197.39 do ROTT

Artigo 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01358-S-2020

3973-BNB

35322895R

O uso incorrecto do selector de actividades do tacógrafo (dos dispositivos de conmutación).
29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 140.26 da LOTT Artigo 197.30 do ROTT

Artigo 143.1 LOTT

Artigo 201.g) ROTT

1.001 euros

PO-01359-S-2020

3973-BNB

35322895R

A falta de identificación do/da condutor/a nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.
29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 140.22 da LOTT

Artigo 197.24 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

2.001 euros

PO-01365-S-2020

3973BNB

35322895R

A falta de consignación do número de matrícula nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.
29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 142.4 da LOTT

Artigo 199.4 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.c) do ROTT

301 euros

PO-01366-S-2020

3973BNB

35322895R

A falta de consignación nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso da lectura do contaquilómetros ao comezo da viaxe, ou de calquera outra información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción grave.
29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 141.12 da LOTT

Artigo 198.15 do ROTT

Artigo 201.e) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

601 euros

PO-01367-S-2020

3973BNB

35322895R

A falta de consignación da data de comezo ou final de utilización dunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.
29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 141.12 da LOTT

Artigo 198.15 do ROTT

Artigo 201.e) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

601 euros

PO-01368-S-2020

3973BNB

35322895R

A utilización de follas durante un período maior a aquel para o cal estea previsto, cando non supuxese a perda de datos.
29.2.2020; 13.50; r/ Barxa do Covelo, 4

Artigo 142.3 da LOTT

Artigo 199.4 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.c) do ROTT

301 euros