Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 49877

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 221/2020, do 3 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada AC-552, puntos quilométricos 2+100 a 3+000, de clave AC/17/138.06, no concello de Arteixo.

Antecedentes:

Primeiro. O día 3 de xullo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 126) o Anuncio do 18 de xuño de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada AC-552, puntos quilométricos 2+100 a 3+000, de clave AC/17/138.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes, alegacións e certificados presentados, o 6 de febreiro de 2020 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción: Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada AC-552, puntos quilométricos 2+100 a 3+000, de clave AC/17/138.06.

Este proxecto ten por obxecto a definición das obras que é preciso executar para mellorar as condicións de circulación, evitar e reducir a sinistralidade na contorna do TCA (treitos de concentración de accidentes) do punto quilométrico 2+100 (glorieta de conexión coa autoestrada AG-55) ao 3+000 (intersección coa vía de conexión á presa de Meicende), da estrada AC-552, no concello de Arteixo (A Coruña). Esta actuación atópase enmarcada dentro do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020. As actuacións proxectadas son: dúas novas glorietas (puntos quilométricos 2+890 e 2+500), melloras das incorporacións das vías de servizo, sinalización, drenaxe e reposición de servizos.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de decembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo único. Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción del Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada AC-552, puntos quilométricos 2+100 a 3+000, de clave AC/17/138.06.

Santiago de Compostela, tres de decembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade