Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 49879

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 4 de decembro de 2020 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Mediante a Orde do 27 de xullo de 2020 (DOG do 7 de agosto) publicouse a convocatoria de axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

A comisión valorará as solicitudes e a documentación presentadas e elevada a proposta definitiva de concesión destas axudas, segundo prevén os puntos oitavo e noveno da orde de convocatoria, e en virtude das atribucións que ten conferidas a Consellería de Cultura, Educación e Universidade,

DISPOÑO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I desta orde. Así mesmo, desestimar as solicitudes presentadas polas asociacións ou fundacións que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Segundo. O pagamento da subvención realizarase unha vez que o órgano concedente comprobe a xustificación presentada polo/a beneficiario/a da realización da actividade subvencionada. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación desta resolución de concesión.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Concello

Código do centro

Escola de música

Importe

Agolada

36025074

EMUSPR de Agolada

2.619,93 €

Antas de Ulla

27016561

EMUSPR de Antas de Ulla

2.952,03 €

Barro

36025086

EMUSPR de Barro

2.287,83 €

Cambre

15032856

EMUSPR Sementeira de Cambre

7.638,37 €

Celanova

32020859

EMUSPR EMBC

6.383,76 €

Coruña, A

15032947

EMUSPR Compañía de María

7.380,08 €

Gondomar

36024896

EMUSPR Agrupación Musical de Vincios

6.900,37 €

Lalín

36019967

EMUSPR Banda de Lalín

3.542,43 €

Lalín

36025025

EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe

3.911,44 €

Mos

36024501

EMUSPR de Mos

15.000,00 €

Neves, As

36024321

EMUSPR Popular de Rubiós

3.247,23 €

Ponteareas

36024021

EMUSPR de Xinzo

7.859,77 €

Pontevedra

36024732

EMUSPR de Salcedo

6.457,57 €

Redondela

36024941

EMUSPR de Chapela

7.675,27 €

Rianxo

15033083

EMUSPR de Rianxo

8.154,98 €

Ribadavia

32020847

EMUSPR Mestre Veneroni

2.878,23 €

Rosal, O

36000843

EMUSPR Agrupación Musical do Rosal

6.309,97 €

Salceda de Caselas

36020222

EMUSPR Asociación Amigos da Música

7.343,18 €

Santiso

15027824

EMUSPR de Visantoña

4.575,65 €

Soutomaior

36024549

EMUSPR Artística de Arcade

4.649,44 €

Teo

15027769

EMUSPR de Calo-Teo

3.579,33 €

Vigo

36000867

EMUSPR Atlántida

9.667,90 €

Vigo

36019943

EMUSPR de Beade

6.014,76 €

Vigo

36024379

EMUSPR Unión Musical de Coruxo

3.616,23 €

Vigo

36024744

EMUSPR de Valadares

6.273,07 €

Vilaboa

36024999

EMUSPR de Vilaboa

5.461,26 €

Vilanova de Arousa

36024719

EMUSPR de Vilanova

5.166,05 €

Xinzo de Limia

32020902

EMUSPR da Limia

7.453,87 €

Total

165.000,00 €

ANEXO II

Concello

Asociación ou fundación

Causa de denegación

Bueu

Banda de Música Artística de Bueu

Non axustarse ao establecido no artigo 2.1 da convocatoria

Chantada

Asociación Cultural Casa da Música

Pereiro de Aguiar, O

Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown

Vigo

Asociación de Veciños O Carballo de Sárdoma