Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo rural da Igrexa-San Salvador.

O Pleno municipal de Arzúa, na sesión ordinaria do 27.8.2020, aprobou inicialmente, nos termos que constan no expediente, o proxecto da modificación puntual do PXOM no núcleo da Igrexa-San Salvador, conforme a documentación elaborada polo Estudio Técnico Gallego en abril de 2018.

Ábrese o prazo de información pública durante dous meses, a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados o expediente no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello e tamén nas dependencias da Secretaria.

Coa aprobacion inicial suspéndense os procedementos de outorgamento de licenzas para os ámbitos afectados, cunha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial polo Pleno, suspensión que se extinguirá en calquera caso coa aprobación definitiva. Mentres dure a suspensión de licenzas poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei do solo de Galicia.

Arzúa, 27 de novembro de 2020

José Luis García López
Alcalde