Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (Ord. 049/2020).

Antecedentes.

Primeiro. O día 19 de novembro de 2020, a Policía Local elaborou un informe sobre a parcela con referencia catastral 15019A240000960000EY, situada nas inmediacións da avenida Abetos, parroquia de Bértoa, en que se sinala que se trata dunha parcela con maleza e arboredo. O informe constata que non cumpre coa lexislación en materia de prevención de incendios forestais e que se precisa a xestión da biomasa.

Segundo. O día 15 de xullo de 2020 solicitáronse da Dirección Xeral do Catastro datos sobre a titularidade da parcela obxecto de denuncia. Segundo a certificación catastral, a parcela con referencia catastral 15019A240000960000EY figura como titularidade de Clementina Pérez Muñoz, de quen se descoñecen os restantes datos para efectos de notificacións.

Referencia catastral

15019A240000960000EY

Identificación da persoa responsable

Clementina Pérez Muñoz

Título polo cal é considerado persoa responsable

100 % propiedade

Lugar

avenida Abetos

Parroquia

Bértoa

Concello

Carballo

Superficie afectada encadrada en faixas secundarias

1.298,7 m2

Superficie afectada non encadrada en faixas secundarias

1.763,3 m2

Total de superficie afectada

3.062 m2

Consideracións xurídicas.

Primeira. É competencia das entidades locais a ordenación da execución das obras necesarias para conservar e manter a biomasa vexetal nas condicións precisas que eviten os incendios, en consonancia cos artigos 12 e 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e, de xeito máis concreto, a ordenación e execución subsidiaria da xestión da biomasa nos termos da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (en diante, LPDCIF).

Segunda. A LPDCIF establece no seu artigo 21 que será obrigatorio, nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa, xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento. Ademais, nos primeiros 50 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira desta lei. As distancias mediranse desde o límite do solo urbano ou núcleo rural, de ser o caso. As distancias no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións mediranse desde o seu paramento.

Terceira. O artigo 22 da LPDCIF sinala que a execución da xestión da biomasa se fará «antes de que finalice o mes de maio de cada ano» (prazo afectado, neste ano 2020, pola pandemia do COVID e as medidas lexislativas adoptadas como consecuencia dela, polo que se prorrogou ao 16 de xullo) e que, no caso de incumprimento, os entes locais efectuarán a notificación ás persoas responsables para que no prazo de quince días acometan as tarefas referidas. De non se executar estes traballos, as administracións públicas poderán proceder á execución subsidiaria dos traballos de xestión da biomasa e os custos repercutiranlles ás persoas responsables.

Cuarta. O artigo 20 da Ordenanza municipal reguladora da limpeza, salubridade e hixiene no termo municipal de Carballo (en diante, OMRLSH) sinala que «os propietarios dos terreos deberán mantelos limpos, libres de restos e residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público. Na falta destes, serán os que figuren como titulares catastrais os responsables do cumprimento das obrigas establecidas na presente ordenanza».

Quinta. O artigo 21 da OMRLSH recolle algunhas das obrigas, concretamente a de «manter os predios limpos e libres de residuos» (21.1), a de «manter os predios libres de animais perigosos ou de focos potencialmente infecciosos e realizar os labores preventivos que sexan necesarios» (21.2) ou a de «evitar o crecemento incontrolado de maleza […] así como controlar as plantacións, aínda que fosen crecementos accidentais» (21.3).

Sexta. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), establece que «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, cando, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado».

Na mesma liña, a Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 87, do 7 de maio) establece no seu artigo 8.1.c) que «cando se trate de persoas físicas e non se poida obter un domicilio para os efectos de notificacións polos medios previstos no punto anterior ou as persoas responsables sexan descoñecidas, as notificacións efectuaranse directamente mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo. O cómputo do prazo aplicable ás persoas destinatarias das notificacións iniciarase o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

En cumprimento do disposto na LPDCIF e na OMRLSH, e demais normativa de aplicación, no uso das atribucións que me confire a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

resolvo:

Primeiro. Ordenar á/s persoa/s responsable/s a realización das medidas de prevención de incendios forestais e xestión da biomasa na parcela da súa propiedade identificada catastralmente como 15019A240000960000EY, situada nas inmediacións da avenida Abetos, parroquia de Bértoa, de acordo co previsto nos artigos 21 e 22 da LPDCIF, na parte da parcela encadrada nas faixas secundarias de protección.

Segundo. Requirir á(s) persoa(s) responsable(s) a limpeza da parcela da súa responsabilidade, con referencia catastral 15019A240000960000EY, situada nas inmediacións da avenida Abetos, parroquia de Bértoa, por incumprimento das disposicións contidas nos artigos 20 e 21 da OMRLSH, na parte da parcela que estea incluída en solo de núcleo urbano ou núcleo rural.

Terceiro. A realización das tarefas de limpeza e prevención sinaladas no punto resolutivo primeiro farana as persoas titulares do terreo afectado nos quince (15) días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor da persoa destinataria na sede electrónica do Concello de Carballo.

Cuarto. En caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o referido prazo, o Concello de Carballo realizará sen máis trámites a execución subsidiaria con repercusión dos custos da xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas e retiradas, de acordo co establecido na lexislación referida nas consideracións xurídicas. Quen realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, e a(s) persoa(s) titular(es) do terreo ou dereito de aproveitamento terá(n) a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos.

Quinto. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello realizará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 874,91 euros por hectárea.

Superficie afectada encadrada en faixas secundarias

1.298,7 m2

Superficie afectada non encadrada en faixas secundarias

1.763,3 m2

Total de superficie afectada

3.062 m2

Liquidación provisional

266,98 €

Sexto. En caso de persistencia do incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador, para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal: a persoa titular da xefatura territorial para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves, o órgano competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves e a persoa titular da consellería competente en materia forestal para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do Concello de Carballo. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da LPDCIF), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da LPDCIF. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co artigo 22.2 da LPDCIF, de ser o caso.

Mediante este documento son notificadas as persoas interesadas, en cumprimento do establecido no artigo 40 da LPAC e de conformidade co establecido no artigo 194 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ante o alcalde do concello de Carballo, de acordo cos artigos 123 e 124 da LPAC, ou o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co artigo 46 da Lei 29/1998, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo mentres que aquel non se resolva expresamente ou produza efectos a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto sen prexuízo de que as partes interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren máis conveniente ao seu dereito.

Carballo, 1 de decembro de 2020

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde