Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo de procedemento ordinario baixo o número 672/2018, en que figura como interveniente Grupo Hormicasa Norte, S.L., no cal se sinalaron os actos de conciliación e xuízo para o día 8 de marzo de 2021, ás 8.55 e 9.00 horas, respectivamente.
Ao encontrarse a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e a protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza