Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 256 Martes, 22 de decembro de 2020 Páx. 50258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 105/2020).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 105/2020 deste xulgado, se ditou decreto de insolvencia con data do 27 de novembro de 2020. Poderase interpoñer recurso de reposición contra o primeiro e recurso de revisión contra o segundo, no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da/s dita/s resolución/s na secretaría deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Áncora Hispania, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza