Pola Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 112, do 10 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).
Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).
A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, DNI electrónico ou Chave365.
Para a devolución do importe ingresado por aquelas outras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito en que faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública.
De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020
José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Blanco Bargo, María |
***2321** |
20, 24 |
Canosa Sanjurjo, José Francisco |
***1042** |
20, 24 |
Collazo Lago, Francisco Javier |
***9327** |
24 |
Dios Romay, Avelina |
***6197** |
20, 24 |
Durán Castro, Águeda María |
***1703** |
33 |
Fernández Carnero, Roberto |
***1117** |
20, 24 |
Jardón Rodríguez, Susana |
***5706** |
24 |
López Dosil, Miguel Ángel |
***7445** |
43 |
López Fernández, Mónica |
***3915** |
24 |
Maseda Bello, Rosa Mar |
***3827** |
20, 24 |
Montenegro Cobas, María |
***3842** |
33 |
Ortiz García, Angélica Isolina |
***7573** |
24 |
Pena López, Eva |
***7751** |
24 |
Piñeiro Álvarez, María de las Nieves |
***1473** |
33 |
Rejo Coira, María Victoria |
***9901** |
24 |
Rey Sayáns, Santiago |
***4311** |
34 |
Rodríguez Muradás, Ana |
***1280** |
20, 24 |
Terán Villagra, Cristina |
***4148** |
33 |
Villarnovo Martínez, Leticia |
***6737** |
20, 24 |
Vizoso Jul, Araceli |
***3645** |
10 |
Cód. |
Causa da exclusión |
10 |
Instancia fóra de prazo |
20 |
Pendente de presentar/pendente de realizar o pagamento |
24 |
Non presenta a documentación exixida |
33 |
Non acredita a titulación universitaria exixida |
34 |
Non acredita as tres especialidades en técnico superior en Prevención de Riscos Laborais |
43 |
Desistencia da solicitude |