Eu, Pilar Sande González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe de que no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número 55/2019 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:
«Sentenza
Procedemento: xuízo ordinario número 55/2019
Demandante: Prorifer, S.L.
Procuradora: María Santiago Arbones
Letrada: Paz Salaberri Arean
Demandado: José Luis Iglesias Neira (en rebeldía)
En nome do rei e pola autoridade que me confire o pobo español, dítase a presente sentenza en Vigo o vinte e oito de outubro de dous mil dezanove.
Vistos por Juan Carlos Carballal Paradela, maxistrado xuíz en comisión de servizos no Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo e o seu partido, os autos de xuízo ordinario seguidos co número 55/2019, sobre reclamación de cantidade entre as partes arriba referidas, representadas e defendidas polos procuradores e letrados, así mesmo, sinalados, e constando como parte dispositiva
Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda deducida pola procuradora Sra. Santiago Arbones, quen actúa en nome e representación de Prorifer, S.L. contra José Luis Iglesias Neira e, na súa virtude, condeno a José Luis Iglesias Neira a pagarlle a Prorifer, S.L. a cantidade de mil douscentos trinta e dous euros con oitenta e dous céntimos de euro (1.232,82 €), cos xuros sinalados no fundamento xurídico cuarto, e sen imposición de custas a ningunha das partes.
Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo na data e lugar arriba indicados».
E encontrándose o demandado, José Luis Iglesias Neira, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.
Vigo, 13 de novembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza