Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50419

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (224/2019).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia da entidade demandante Último Porfolio Investment (Luxemburgo), S.A., representada pola procuradora Sra. Pintado Roa, fronte a María Sonia Meno Fernández, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ferrol, 28 de novembro de 2019

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de xuízo ordinario número 224/2019, seguidos ante este xulgado, en que son partes, como demandante a entidade Último Porfolio Investment (Luxemburgo), S.A., representada pola procuradora Sra. Pintado Roa e asistida da letrada Sra. Serena Innerarity e, como demandada, María Sonia Meno Fernández, en situación procesual de rebeldía, sobre acción de resolución de contrato de préstamo e reclamación de cantidade, procédese, en nome do rei, a ditar a presente sentenza.

Decisión:

Estímase integramente a demanda formulada pola entidade Último Porfolio Investment (Luxemburgo), S.A. (como cesionaria do crédito de que era titular a entidade Santander Consumer E.F.C., S.A.), representada pola procuradora Sra. Pintado Roa, contra María Sonia Meno Fernández, en situación procesual de rebeldía, e declárase a resolución do contrato de préstamo subscrito con data do 4 de decembro de 2017, ao concorrer xusta causa para iso, condenando a demandada a satisfacer á demandante a cantidade de 10.959,85 euros, máis os xuros convidos desde a data de presentación da demanda (8.3.2019) ata a desta sentenza. A partir desta data devindicaranse os xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento, e con imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 4797-0000-04-0224-19. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, e sen este requisito non será admitido a trámite. Está exceptuado da obriga de constituír o depósito quen teña recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar a dita demandada, María Sonia Meno Fernández, en paradoiro descoñecido e situación de rebeldía procesual, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 29 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza