Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50421

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1252/2019).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, mediante o presente edicto, anuncio neste procedemento seguido por instancia de Fabiola Vera Angunu Nsue Mbang fronte a Miguel Gabriel Massamba Enguru ditouse sentenza cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 1178/2020.

Xuíz que a dita: Luis Doval Pérez.

Lugar: Ourense.

Data: vinte de novembro de dous mil vinte.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre garda, custodia e alimentos de fillo non matrimonial, promovido por Fabiola Vera Angunu Nsue Mbang, representada pola procuradora Mónica Vázquez Blanco e asistida polo letrado Óscar Carballo Casal, contra Miguel Gabriel Massamba Enguru, en situación de rebeldía procesual; é parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo que, aceptando parcialmente a demanda formulada pola procuradora Mónica Vázquez Blanco, en nome e representación de Fabiola Vera Angunu Nsue Mbang fronte a Miguel Gabriel Massamba Enguru, acordo as seguintes medidas definitivas relativas ao menor M.M.M.N:

1. Garda e custodia. Atribúeselle a garda e custodia en exclusiva do fillo menor Miguel Mario Massamba Nsue á súa nai Fabiola Vera Angunu Nsue Mbang, e exércese a patria potestade de forma conxunta por ambos os dous proxenitores.

A nai estará facultada para autorizar en exclusiva, sen necesidade do outro proxenitor, as cuestións relativas á escolarización e aos trámites administrativos que o requiran.

2. Réxime de visitas. Non se establece réxime de visitas e estancias a favor do pai, sen prexuízo do dereito do pai a comunicarse co seu fillo menor logo de comunicación á nai coa debida antelación e sempre que non entorpeza os seus horarios e as actividades habituais.

3. Pensión de alimentos. O pai aboará en concepto de alimentos a favor do fillo menor a suma de 150 € mensuais. O referido importe actualizarase anualmente de conformidade co IPC ao termo de cada anualidade, e deberá ser ingresado dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto.

Así mesmo, ambos os dous proxenitores deberán satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios debidamente acreditados.

Non se efectúa expresa condena de custas.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que deberán interpor ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución por parte da Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na DA 15ª da LOPX.

Así o ordeno e asino».

E, estando o devandito demandado, Miguel Gabriel Massamba Enguru, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma a este.

Ourense, 26 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza