Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50426

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 722/2017).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 722/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Fernández Fraga contra a empresa Hércules de Armamento, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de outubro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña e o seu partido, os presentes autos 722/2017, seguidos por instancia de David Fernández Fraga, asistido polo letrado Sr. Fraga Mandián, contra Hércules de Armamento, S.L.,

Fallo:

Estímase a demanda presentada por instancia de David Fernández Fraga, asistido polo letrado Sr. Fraga Mandián, contra Hércules de Armamento, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade total de 6.085,06 euros como cantidades debidas máis o xuro legal da dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncia, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hércules de Armamento, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza