Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50425

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 764/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 764/2019 deste xulgado do social, se ditou sentenza, contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría do devandito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Miguel Fariña Louro, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza