Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50479

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 15 de decembro de 2020 polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa, de cinco grupos electróxenos propiedade desta corporación.

Anúnciase o alleamento, polo procedemento de poxa, de cinco grupos electróxenos propiedade da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Entidade adxudicadora: Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Órgano de contratación: o director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Obxecto: alleamento, polo procedemento de poxa, de cinco grupos electróxenos propiedade de informativos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Procedemento: poxa en réxime de libre concorrencia.

Orzamento do alleamento: 21.700,00 € máis o 21 % de IVE, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1. Grupo electróxeno 1: 500 kVA : 6.800,00 €.

Lote 2. Grupo electróxeno 2: 500 kVA : 6.800,00 €.

Lote 3. Grupo electróxeno 3: 300 kVA : 1.900,00 €.

Lote 4. Grupo electróxeno 4: 630 kVA : 3.500,00 €.

Lote 5. Grupo electróxeno 5: 60 kVA: 2.700,00 €.

Obtención da documentación e información:

Perfil do contratante da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=72&OR=72.

Presencial: Servizo de Xestión e Servizos Comúns.

Teléfono: 981 54 08 51.

Correo electrónico: sercom@crtvg.es.

Presentación de proposicións: epígrafe L da folla de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: cláusula 7.4 do prego de cláusulas económico-administrativas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.