Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50478

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira

En cumprimento do disposto na normativa da función pública anúnciase que, como resultado das correspondentes probas selectivas, producíronse os seguintes nomeamentos:

– Por Decreto da Alcaldía, número 2020-2244, de data 16 de novembro de 2020, resolveuse nomear a Daniel Rodríguez González, con DNI 76896***A, funcionario de carreira para ocupar a praza vacante do cadro de persoal do Concello do Porriño, da categoría de inspector, da escala executiva e integrada na escala da Administración especial, grupo A, subgrupo A2, incluída na modificación da oferta de emprego público do ano 2016, adscribíndoo definitivamente ao posto co código 06.01.00.01 da relación de postos de traballo.

– Por Decreto da Alcaldía, número 2020-2245, de data 16 de novembro de 2020, resolveuse nomear a Jesús González Costas, con DNI 35563***D, e a Antonio Pereira Nandin, con DNI 77002***F, funcionarios de carreira para ocupar cadansúa praza vacante do cadro de persoal do Concello do Porriño, da categoría de oficial, da escala básica e integradas na escala da Administración especial, grupo C, subgrupo C1, incluídas na oferta de emprego público do ano 2019, adscribíndoos definitivamente aos seguintes postos da relación de postos de traballo: 06.01.00.02 e 06.01.00.03, respectivamente.

O Porriño, 25 de novembro de 2020

Eva García de la Torre
Alcadesa