Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO da convocatoria e publicación das bases no marco do proceso de consolidación de emprego temporal para cubrir unha (1) praza de director/a da gardaría municipal e tres (3) prazas de técnico/a superior de educación infantil, mediante sistema de concurso-oposición.

Por Resolución de Alcaldía de data 17 de novembro de 2020 aprobáronse as bases e a convocatoria no marco do proceso de consolidación de emprego temporal, para cubrir unha (1) praza de director/a da gardería municipal e tres (3) prazas de técnico/a superior de educación infantil, mediante sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 228, de 25 de novembro de 2020, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos do Concello.

Mondariz-Balneario, 1 de diciembre de 2020

Jose Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde