Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de convocatoria de praza de inspector da policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 193, do 13 de novembro de 2020, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, unha praza de inspector da policía local, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, subgrupo A2, vacante no cadro de persoal do concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición pola quenda de promoción interna. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 57, do 23 de marzo de 2018. O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 13 de novembro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto da alcaldía número 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal