Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2020 referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 228, do 25 de novembro de 2020, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha (1) praza de inspector de policía, pertencente á escala de Administración especial, subescala Servizos Especiais, clase inspector de policía, segundo o previsto na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, encadrada no grupo de titulación A2, nivel de CD 22, pola quenda de promoción interna mediante o procedemento de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, cando proceda conforme coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello de Marín.

Marín, 10 de novembro de 2020

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa