Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de incoación de expedientes para a limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procédese á publicación de expedientes incoados e referencias catastrais de dúas parcelas en situación de risco de incendio, das cales non se ten constancia dos enderezos dos titulares catastrais, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advertindo expresamente da execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro das resolucións de incoación dos expedientes atópase á disposición dos interesados no Concello da Guarda.

Expediente

Referencia catastral

Polígono-parcela-lugar

2112/2020

36023A031000200000UL

Polígono 31, parcela 20. Lugar das Tomadas-Camposancos.

2113/2020

36023A031000190000UF

Polígono 31, parcela 19. Lugar das Tomadas-Camposancos

O cómputo dos prazos comezará a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado. Os interesados dispoñen de dez días hábiles, contados desde a data indicada, para alegar o que no seu dereito conveña e incorporar ao expediente administrativo cantos documentos e xustificacións consideren pertinentes.

A Guarda, 24 de novembro de 2020

Antonio Lomba Baz
Alcalde