Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50550

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de praza de axente de emprego e desenvolvemento local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 277, do 2 de decembro de 2020, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL) do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación de anuncio en el Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes á convocatoria, cando procedan, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou no taboleiro de anuncios e sede electrónica do concello, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Friol, 2 de decembro de 2020

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde