Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 259 Luns, 28 de decembro de 2020 Páx. 50605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de decembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 3 de decembro de 2020 relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes dos montes veciñais en man común Do Medo (porción noroeste) e Do Medo, no concello de Baños de Molgas.

Examinada a solicitude formulada para a aprobación do deslindamento entre os MVMC Do Medo (Porción Noroeste) e Do Medo, no concello de Baños de Molgas, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 25 de febreiro de 2019 o presidente da CMVMC de Baños de Molgas, presentou un escrito no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2019/rx 408938) relativo a un acto de deslindamentoi entre entre os MVMC Do Medo (Porción Noroeste) e Do Medo, no concello de Baños de Molgas.

Entre outra documentación, achegou a demanda e a acta de conciliación ante o xulgado de paz, os acordos das asembleas das comunidades, e o plano de deslindamento.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense, con data do 9 de outubro de 2019, considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que non consta unha acta do deslindamento nin memoria.

O perímetro estremeiro acordado vén definido pola liña recta que une os dous puntos seguintes:

Vértice nº 1: coas coordenadas UTM-ETRS89 (29N) seguintes: X= 612418,18; Y= 4676715,49. Localízase na intersección da estrada OU-103 coa estrada local que vai a Froufe. A situación precisa do vértice é, con respecto á cartografía catastral actual, no vértice común das seguintes parcelas catastrais (polígono/parcela) do concello de Baños de Molgas: 075/09001, 076/09002 e 077/00412.

Vértice nº 3: coas coordenadas UTM-ETRS89 (29N) seguintes: X= 610616,78; Y= 4677249,83. Localízase na marxe esquerda do río Arnoia, no cruzamento coa Ponte das Cabras (estrada local que vai da estrada OU-103 a Baños de Molgas).

Entre ambos puntos, a unha distancia de 1.235 m do vértice nº 1, localízase o vértice nº 2 coas coordenadas UTM-ETRS89 (29N) seguintes: X= 611233,76; Y= 4677066,82. Con respecto á cartografía catastral actual, sitúase na liña que divide as parcelas catastrais (polígono/parcela) do concello de Baños de Molgas: 077/00404 e 077/09006.

Segundo se indica na documentación achegada, o tramo entre os vértices nº 1 e nº 2 establece propiamente o deslindamento entre montes veciñais e o tramo entre os vértices nº 2 e nº 3 discorre entre propiedades particulares.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditara resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 2 de setembro de 2020:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Do Medo (Porción Noroeste), pertencente á CMVMC de Baños de Molgas e o MVMC Do Medo, pertencente á CMVMC de Baños de Molgas, Francos, Froufe, A Lama e Vide, no concello de Baños de Molgas, de acordo co informe do Servizo de Montes do 9 de outubro de 2019.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 4 de decembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense