Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 259 Luns, 28 de decembro de 2020 Páx. 50623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 523, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 1 de decembro de 2020, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 523 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 956,47 m².

Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019, e DOG núm. 85, do 6.5.2019 (corr. erros).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antigos titulares: Daniel Piñeiro Prego e Elena María Domínguez Recuna.

Nova titular: María Luísa Prego Padín (***4183**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: a nova titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 2 de decembro de 2020

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo