Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 259 Luns, 28 de decembro de 2020 Páx. 50620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Area Longa II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Area Longa II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedente de feito:

Mediante escrito do 17 de decembro de 2020, Marcelino Acuña, S.A. solicitou autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Area Longa II.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, de 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e as demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación a favor de Mejillones Rosgar, S.L. (B02917003):

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Area Longa II.

Situación:

Cuadrícula nº: 63.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 12.2.1952.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Marcelino Acuña, S.A. (A36004364).

Nova titular: Mejillones Rosgar, S.L. (B02917003).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas da anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de decembro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo