Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos de tres prazas de auxiliar administrativo/a (OEP 2017, 2018 e 2019) e unha de peón/a do servizo de limpeza (OEP 2017).

No BOP da Coruña do 18.12.2020 aparecen publicadas as bases das convocatorias para a provisión das seguintes prazas:

– Tres prazas de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala de administración xeral, subescala auxiliar do grupo C, subgrupo C2, por concurso oposición libre.

– Unha praza de peón/a de limpeza viaria, encadrada na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, agrupación profesional sen titulación, por concurso oposición libre.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.

Fene, 18 de decembro de 2020

Juventino José Trigo Rey
Alcalde