Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de selección de persoal funcionario por mobilidade.

Por Resolución da Alcaldía nº 670/2020, do 24 de novembro, resolveuse aprobar as bases reguladoras do procedemento de mobilidade funcional de empregados públicos, mediante a comisión de servizos voluntaria, para a cobertura temporal das seguintes prazas:

1)

Área-servizo e unidade: Administración xeral e réxime interno.

Grupo: C.

Subgrupo: C2.

Escala: Administración xeral.

Subescala: auxiliar.

Denominación: auxiliar administrativo/a.

Código RPT: 01.00.00.03.10.

Nivel: 16.

Titulación e requisitos indispensables para desempeñalo: graduado en ESO.

Xornada: ordinaria.

Complemento específico anual: (14 mensualidades), máis as adecuacións previstas nas leis de orzamentos xerais do Estado que, se é o caso, correspondan: 4.946,20 €.

2)

Área-servizo e unidade: Unidade de Intervención do Servizo e Área Económico-Financeira.

Grupo: C.

Subgrupo: C2.

Escala: Administración xeral.

Subescala: auxiliar.

Denominación: auxiliar administrativo/a.

Código RPT: 02.00.00.03.11.

Nivel: 16.

Titulación e requisitos indispensables para desempeñalo: graduado en ESO.

Xornada: ordinaria.

Complemento específico anual: (14 mensualidades), máis as adecuacións previstas nas leis de orzamentos xerais del Estado que, se é o caso, correspondan: 4.946,20 €.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Pontedeume, 26 de novembro de 2020

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde presidente