Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51138

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de decembro de 2020 polo que se aproba o Plan de protección civil de atención ao peregrino 2021 (PAP2021).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 23 de decembro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar o Plan de protección civil de atención ao peregrino 2021 (PAP2021), que se anexa a este documento.

2. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para dar cumprimento ao punto 2 do devandito acordo

RESOLVO:

Proceder á publicación do Plan de protección civil de atención ao peregrino 2021 (PAP2021) que se anexa a presente resolución.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO
Plan de protección civil de atención ao peregrino 2021 (PAP 2021)
Novembro 2020

FUNDAMENTOS

Marco legal

Obxectivos

Ámbito de actuación

ANÁLISE DO RISCO

Riscos propios da actividade

Riscos recollidos nos plans de protección civil

Riscos asociados ao contorno

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN

Dirección

Comité asesor

Grupo de traballo PAP 2021

Gabinete de información

Sala de control operativo (Sacop)

Grupos de protección civil de atención ao peregrino, GPCAP

Interface co Platerga

OPERATIVIDADE

IMPLANTACIÓN E MANTEMENTO DO PLAN

FINANCIAMENTO

ANEXOS

ANEXO 1. Ámbito de actuación, misións e actuacións dos GPCAP

ANEXO 2. Programas especiais

ANEXO 3. Directorio

ANEXO 4. Rede de albergues que contan con caixa de suxestións para a mellora dos servizos dos GPCAP

ANEXO 5. Consellos de autoprotección para as persoas peregrinas dos Camiños de Santiago

ANEXO 6. Mapa de Camiños e bases dos GCPAP

ANEXO 7. Previsións meteorolóxicas para os Camiños

FUNDAMENTOS.

Durante o ano 2021 a Comunidade Autónoma de Galicia ten que dar resposta a un seguro incremento das demandas de seguridade, tanto polo alto número de visitantes que terá Galicia como, especialmente, dos milleiros de persoas que van desprazarse polos diversos Camiños de Santiago, ademais das aglomeracións previstas nos distintos eventos programados. Esta previsión dá orixe a este plan, co nome de «PAP 2021».

Xa no ano 1993 se elaborara o primeiro Plan de protección civil de atención ao peregrino, co obxecto de que nas diferentes rutas os peregrinos dispuxesen de atención por parte do persoal de protección civil, o que tivo unha grande acollida e alta valoración dos destinatarios.

O mesmo ocorreu nos anos santos de 1999, 2004 e 2010, nos cales os correspondentes plans de protección ao peregrino redactados para o efecto deron axeitada cobertura, desde o punto de vista da protección civil, tanto aos peregrinos como ao resto de eventos e actuacións relacionadas co propio ano santo.

Para o ano 2021 espérase de novo unha grande afluencia de peregrinos a Galicia, así como a organización de diversos actos multitudinarios. Por todo isto, a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, competente na materia de protección civil, establece para ese ano santo de 2021 o Plan de protección civil de atención ao peregrino 2021 (PAP Xacobeo 2021)

Este Plan de protección civil de atención ao peregrino 2021 (PAP Xacobeo 2021) estará en coordinación:

– Co Plan de seguridade do Ano Santo 2021.

– Cos diferentes plans sectoriais que os distintos departamentos da Xunta de Galicia poidan redactar.

– Cos plans de autoprotección dos diversos eventos que se elaboren para as grandes aglomeracións e actividades que se desenvolvan durante a vixencia do plan.

– Coas autoridades eclesiásticas do Arcebispado de Santiago de Compostela en relación cos actos relixiosos para celebrar nas prazas do Obradoiro e da Quintana, así como o acceso á catedral de Santiago de Compostela.

– Coas autoridades municipais de Santiago de Compostela e dos distintos concellos de Galicia por onde discorren as diferentes rutas xacobeas, en relación cos programas, actos, aloxamentos e outras actividades.

Así mesmo, este plan poderá coordinarse con aqueles outros plans específicos de actuación das diferentes comunidades autónomas limítrofes que o teñan previsto para o ano Xacobeo 2021.

Por parte da Xunta de Galicia, disponse dun Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112) que permite que, de maneira gratuíta, os peregrinos poidan demandar calquera servizo de urxencia, as 24 horas do día, nos diferentes idiomas de uso máis común na Unión Europea.

Marco legal.

En virtude da Norma básica de protección civil (Real decreto 407/1992) e tendo en conta a Lei 17/2015, do 21 de xaneiro, do Sistema Nacional de Protección Civil, e a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, redáctase o presente plan de protección civil, que terá carácter sectorial e preventivo.

O PAP 2021, conforme ao previsto na Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, será homologado pola Comisión Galega de Protección Civil e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

No PAP 2021 quedarán integrados todos os plans e programas de ámbito territorial inferior, e o mesmo outros plans de autoprotección que se redacten en cumprimento da Norma básica de autoprotección, relacionados cos actos e eventos desenvolvidos durante o Ano Santo 2021.

Obxectivos.

Os obxectivos principais do Plan de protección civil de atención ao peregrino 2021 (PAP 2021) son dous:

– Proporcionar aos peregrinos que cheguen a Galicia polas diferentes rutas xacobeas a atención continua in situ que poidan demandar naquelas situacións de emerxencia en que precisen axuda, que se facilitará mediante os dispositivos ordinarios de atención ás emerxencias co apoio de grupos de protección civil específicos de atención aos peregrinos.

– Prever os operativos de protección civil necesarios para facer fronte a actos onde exista unha previsión de grandes concentracións de persoas, de xeito que se dea cobertura, desde o punto de vista da protección civil, aos asistentes e participantes nos diferentes actos e eventos que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Ano Santo 2021.

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, actuará nunha dobre vertente:

– Xestionando os seus propios medios e recursos.

– Coordinando os doutros organismos implicados.

Todo isto, sempre en cooperación con outras administracións e institucións, públicas e privadas, que participan e interveñen no Xacobeo 2021, tanto de Galicia como doutras comunidades autónomas por onde discorren as diferentes rutas.

Ámbito de actuación.

O PAP 2021 centrarase nas distintas rutas xacobeas que discorren polo territorio de Galicia e, polas súas especiais características, na cidade de Santiago de Compostela.

Tamén se poderá estender ás grandes aglomeracións de persoas en diferentes actos ou eventos, de distinta tipoloxía, relacionados co Xacobeo en toda Galicia.

A implantación do PAP 2021 territorialmente afecta 138 concellos, repartidos polas catro provincias galegas por onde discorren as dez rutas xacobeas:

Concello

Provincia

CFM

CFR

CIN

CIV

CNO

CPC

CPO

CPR

CRM

CVP

A Coruña

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

A Estrada

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

A Fonsagrada

Lugo

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

A Guarda

Pontevedra

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

A Gudiña

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

A Illa de Arousa

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

A Mezquita

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

A Pobra do Brollón

Lugo

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

A Rúa

Ourense

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Abadín

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Abegondo

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Allariz

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Ames

A Coruña

1

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Amoeiro

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Arzúa

A Coruña

 

1

 

 

1

 

 

 

 

 

Baiona

Pontevedra

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

Baleira

Lugo

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

Baños de Molgas

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Barreiros

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Barro

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Begonte

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Betanzos

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Boimorto

A Coruña

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Boiro

A Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Boqueixón

A Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Cabanas

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Caldas de Reis

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Cambados

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Cambre

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Carballeda de Valdeorras

Ourense

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Carral

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Castrelo do Val

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Castroverde

Lugo

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

Catoira

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Cee

A Coruña

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chantada

Lugo

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Coles

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Corcubión

A Coruña

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cualedro

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Culleredo

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Dodro

A Coruña

 

 

 

 

 

 

1

 

1

 

Dozón

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Dumbría

A Coruña

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fene

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Ferrol

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Fisterra

A Coruña

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Friol

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

1

 

 

Guitiriz

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Guntín

Lugo

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

Lalín

Pontevedra

 

 

 

1

 

 

 

 

 

1

Laza

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Lourenzá

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Lugo

Lugo

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

Mazaricos

A Coruña

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Meaño

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Melide

A Coruña

 

1

 

 

 

 

 

1

 

 

Mesía

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Miño

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Mondoñedo

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Monforte de Lemos

Lugo

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Monterrei

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Monterroso

Lugo

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

Mos

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Muxía

A Coruña

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Narón

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Neda

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Negreira

A Coruña

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nigrán

Pontevedra

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

O Barco de Valdeorras

Ourense

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

O Grove

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

O Pino

A Coruña

 

1

 

 

1

 

 

 

 

 

O Porriño

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

O Rosal

Pontevedra

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

O Saviñao

Lugo

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Oia

Pontevedra

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

Oímbra

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Ordes

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Oroso

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Ourense

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Paderne

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Paderne de Allariz

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Padrón

A Coruña

 

 

 

 

 

 

1

 

1

 

Palas de Rei

Lugo

 

1

 

 

 

 

 

1

 

 

Pantón

Lugo

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Paradela

Lugo

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

Pedrafita do Cebreiro

Lugo

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

Piñor

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Pontecesures

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

1

 

Pontedeume

A Coruña

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

Pontevedra

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Portas

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Portomarín

Lugo

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

Quiroga

Lugo

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Redondela

Pontevedra

 

 

 

 

 

1

1

 

 

 

Rianxo

A Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Ribadeo

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Ribadumia

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Ribeira

A Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Riós

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Rodeiro

Pontevedra

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Rois

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Rubiá

Ourense

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Samos

Lugo

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

San Cibrao de Viñas

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

San Cristovo de Cea

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Sandiás

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Santa Comba

A Coruña

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Santiago de Compostela

A Coruña

1

1

1

 

1

 

1

 

 

1

Sanxenxo

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Sarreaus

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Sarria

Lugo

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

Silleda

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Sobrado

A Coruña

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Soutomaior

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Taboadela

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Teo

A Coruña

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Toques

A Coruña

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

Trabada

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Trasmiras

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Triacastela

Lugo

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

Tui

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Valga

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

1

 

Vedra

A Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Verín

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Vigo

Pontevedra

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

Vilaboa

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Vilalba

Lugo

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Vilamarín

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Vilamartín de Valdeorras

Ourense

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

Vilanova de Arousa

Pontevedra

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

Vilar de Barrio

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Vilardevós

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Vilariño de Conso

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Vilasantar

A Coruña

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

Xinzo de Limia

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

Xunqueira de Ambía

Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

10

12

18

13

16

7

18

9

17

35

Sendo:

LENDA

CFM

Camiño Fisterra Muxía

CNO

Camiño Norte 

CFR

Camiño Francés

CPR

Camiño Primitivo

CIN

Camiño Inglés

CPO

Camiño Portugués 

CIV

Camiño de Inverno

CPC

Camiño Portugués da Costa

CRM

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla

CVP

Camiño Vía da Prata

Fonte: S.A. Xestión do Xacobeo

O ámbito xeográfico ampliarase ás comunidades autónomas veciñas de Galicia por onde teñen entrada as diferentes rutas, así como no norte de Portugal, no eido das comunicacións e do intercambio de información.

O Plan de atención ao peregrino estará activado desde o día 1 de xaneiro de 2021 e así permanecerá ata o 31 de decembro de 2021.

ANÁLISE DO RISCO.

Para a elaboración da análise de riscos utilízase o método simplificado de avaliación de riscos.

– Índice de probabilidade (IP).

• IP= 0 - Sen constancia ou menos de unha vez cada 30 anos - Pouco probable.

• P= 2 - Prodúcese unha vez entre 10 e 30 anos - Probable.

• P= 3 - Prodúcese cada 10 anos ou menos - Moi probable.

• P= 4 - Prodúcese cada ano unha ou máis veces - Case seguro.

– Índice de danos (ID).

• D= 0 - Sen danos.

• D= 1 - Pequenos danos materiais ou no ambiente, sen afectados.

• D= 2 - Pequenos danos materiais ou no ambiente e/ou algún afectado.

• D= 5 - Importantes danos materiais ou no ambiente e/ou numerosos afectados, con interrupción transitoria nos servizos esenciais e con posibilidade dalgunhas vítimas mortais.

• D= 10 - Danos materiais moi graves, con interrupción sostida dos servizos esenciais ou danos irreparables no ambiente e posibilidade dun número elevado de vítimas mortais.

– Índice de risco (IR).

IP × ID = IR

Segundo o valor obtido, podemos clasificar o nivel de risco (para cada risco en concreto) en:

Índice de risco

Nivel de risco

Maior de 20 (> 20)

Moi alto

Entre 9 e 20 (9 - 20)

Alto

Entre 5 e 8 (5 - 8)

Moderado

Entre 0 e 4 (0 - 4)

Baixo

Índice de probabilidade

Índice de danos

0

1

2

5

10

0

2

2

4

10

20

3

3

6

15

30

4

4

8

20

40

Os riscos que poden xerar unha situación de emerxencia ás peregrinacións nos Camiños de Santiago son:

Riscos propios da actividade.

Orixe do risco

Tipo de risco

IP

ID

IR

Nivel

Antrópico

Incendio nas zonas de pernoita

2

2

4

BAIXO

Aglomeracións

4

2

8

MODERADO

Emerxencias médicas

Accidentes persoais, caídas, traumatismos, feridas

4

2

8

MODERADO

Intoxicación alimentaria

3

2

6

BAIXO

Inseguridade

Extravío de persoas

4

2

8

MODERADO

Roubos

4

1

4

BAIXO

Avaría en subministracións

Incidencia mantida no tempo na subministración de auga, gas ou luz nas zonas de pernoita

3

1

3

BAIXO

Riscos recollidos nos plans de protección civil.

Orixe do risco

Tipo de risco

IP

ID

IR

Nivel

Natural

Onda de calor

4

2

8

MODERADO

Choivas fortes, acompañadas ou non de sarabia e/ou raios

4

2

8

MODERADO

Ventos fortes

4

2

8

MODERADO

Antrópicos

Incendio forestal

4

5

20

ALTO

Tecnolóxicos

Transporte de mercadorías perigosas

3

2

6

MODERADO

Riscos asociados ao contorno.

Orixe do risco

Tipo de risco

IP

IDE

IR

Nivel

Antrópico

Atropelos

2

5

10

MODERADO

Os eventos que se leven a cabo por mor do Xacobeo 2021 que supoñan un especial risco deberán elaborar o seu propio plan de autoprotección conforme o Decreto 171/2010, sobre plans de autoprotección en Galicia.

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN.

Dirección.

A dirección do plan corresponde ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo ou persoa en quen delegue.

Serán funcións do director do PAP 2021:

– Adoptar as decisións que aseguren o bo funcionamento do plan.

– Coordinar todos os medios e recursos dispoñibles.

– Facer o seguimento e avaliación de todas as actuacións do plan.

– Garantir o enlace co Plan territorial de emerxencias de Galicia, Platerga, con outros plans sectoriais e os de autoprotección que se realicen para eventos específicos.

Comité asesor.

Actuarán como membros do comité asesor os seguintes membros da Comisión Galega de Protección Civil:

– Os directores xerais ou persoas en que deleguen (con categoría mínima de subdirector xeral), con competencia en saúde pública, ambiente, turismo e Administración local.

– O subdirector xeral de Planificación e Protección Civil.

– O representante da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061.

– O representante da Axencia Galega de Emerxencias.

– Un representante da Fegamp.

– O representante do voluntariado de protección civil.

– O representante da Cruz Vermella.

Ademais incorporarase un representante:

– Do Arcebispado de Santiago de Compostela.

– Do Concello de Santiago de Compostela.

– Da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Poderán ser convocadas tamén outras persoas de administracións, organismos e institucións que estean directamente relacionadas co plan.

Este comité asesor terá como funcións:

– Asesorar e informar o director do PAP 2021 en todos aqueles temas que sexan obxecto do plan.

– Avaliar o seguimento do PAP 2021 e dos programas previstos nel relativos a grandes eventos e aglomeracións humanas nos diferentes concellos por onde discorren as rutas xacobeas e, moi especialmente, nos arredores da catedral de Santiago de Compostela.

Grupo de traballo PAP 2021.

Baixo a coordinación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, o Grupo de traballo do PAP 2021 terá como funcións o seguimento cotián das actuacións dos intervenientes no Plan Xacobeo 2021, a avaliación dos diferentes operativos e accións, e a coordinación e intercambio de información entre todos os departamentos responsables de plans sectoriais.

Estará presidido polo director xeral de Emerxencias e Interior, e constituído por técnicos das distintas consellerías participantes no plan, ademais de:

– Representante da Axencia Galega de Emerxencias.

– Subdirector xeral de Planificación e Protección Civil.

– Responsables técnicos dos diferentes plans sectoriais do Xacobeo 2021.

– Responsable técnico da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

– Representantes do Concello de Santiago de Compostela.

– Representante do Arcebispado de Santiago de Compostela.

– Representantes de seguridade das diferentes administracións públicas.

– Forzas e corpos de seguridade.

– Representante de Protección Civil da Delegación do Goberno.

– Representante das agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

– Outras institucións, organismos, asociacións de carácter público e privado que considere o director do plan.

– E, se é o caso, representantes dos concellos por onde transcorren as diferentes rutas, especialmente en determinadas zonas e pola súa singularidade.

O grupo de traballo reunirase cunha periodicidade mínima mensual, ben fisicamente ben a través de medios telemáticos, para intercambiar información e programar as actividades para un bo funcionamento do plan.

Gabinete de información.

Dependendo directamente do director do PAP 2021 existirá un gabinete de información, integrado polo persoal de prensa do CIAE 112. Será o responsable de elaborar e transmitir a información que xere o plan, e estará en coordinación co gabinete de prensa da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Sala de control operativo (Sacop).

Desde a Sacop realizaranse as tarefas encamiñadas fundamentalmente á atención das demandas efectuadas polos peregrinos, cando o soliciten a través do número único europeo 112, así como a coordinación e, se é o caso, a mobilización dos medios e recursos en situacións de emerxencia extraordinaria.

A Sacop estará coordinada polo técnico de garda do Sistema integrado de emerxencias de Galicia, e para exercer as súas funcións conta co CIAE 112, que atenderá as demandas en caso de emerxencias ordinarias, segundo os protocolos.

O CIAE 112 tamén actuará como centro de referencia doutras centrais de atención ou xestión de chamadas establecidas nos diferentes plans sectoriais. Ademais, será centro de soporte en materia de comunicacións do plan.

Grupos de protección civil de atención ao peregrino (GPCAP).

Os grupos de protección civil de atención ao peregrino están constituídos polo persoal de protección civil, fundamentalmente o encadrado nas agrupacións de voluntarios de protección civil, que presta servizo nos concellos por onde discorren as distintas rutas xacobeas, así como aquel outro persoal profesional ou voluntario pertencente ao Sistema integrado de emerxencias de Galicia que, de xeito puntual, se integre neles. Estes grupos despréganse nas diferentes rutas xacobeas.

A constitución dos grupos de protección civil de atención ao peregrino será autorizada e coordinada pola dirección do plan, en función das necesidades e zonas que cubrir. En todo caso os concellos que participen no plan deberán comunicar á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a previsión de medios materiais e humanos que participarán nos ditos grupos, así como a súa dispoñibilidade. As súas funcións están definidas no convenio asinado para o efecto coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, entre as cales destacan:

– Informar diariamente do inicio e peche de actividade na atención do treito de camiño que lles corresponda, atención a albergues ou cobertura en grandes eventos e concentracións humanas, a través da aplicación informática prevista para o efecto.

– Informar mensualmente a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a través dos servizos de emerxencias provinciais das actividades realizadas e as previstas para o mes seguinte, mediante a aplicación informática prevista para o efecto.

– Informar ao CIAE 112, en tempo real, das situacións e incidencias nas diferentes rutas e, de ser o caso, das solicitudes de axuda que demandan os/as peregrinos/as.

– Dar resposta, onde se requira a súa intervención, co fin de controlar ou neutralizar a situación adversa que se lle presente ao/á usuario/a das distintas rutas xacobeas, dentro do marco da relación de servizos indicados.

– Colaborar na prevención, apoio e cobertura en grandes eventos e concentracións humanas derivadas de actos que teñan que ver coas peregrinacións, tanto nos seus respectivos concellos como noutros termos municipais, baixo a dirección da autoridade a que lle corresponda o mando segundo a lexislación vixente.

– Patrullar polo Camiño ao longo do seu termo municipal ou concellos limítrofes, establecendo dous operativos diarios con presenza física en contacto cos/coas peregrinos/as en correspondencia coas horas de maior afluencia de camiñantes e de acordo coa súa experiencia de anos anteriores. Esta función pode realizarse ben percorrendo os camiños onde sexa posible, ben establecendo puntos de atención cando sexa máis aconsellable.

– Atender os camiñantes en cuestións propias de protección civil, como axuda personalizada, traslado por necesidade manifesta, feridos ou enfermos, asistencia de primeiros auxilios cando non sexa necesaria a presenza dun facultativo, busca de peregrinos/as, obxectos extraviados ou esquecidos; protección fronte a fenómenos meteorolóxicos adversos, aplicación de medidas de prevención e de mitigación de riscos e axuda puntual na resolución dunha situación anormal.

Desenvolverán tamén calquera outra función que, ben a través do convenio que se asine para o efecto, ben derivado da aplicación do plan, se considere necesario incluír entre os servizos que prestan estes grupos.

• Medios humanos.

Os compoñentes dos grupos de protección civil de atención ao peregrino están integrados fundamentalmente polos voluntarios das agrupacións de voluntarios de protección civil pertencentes aos concellos por onde pasan as diferentes rutas, que estarán compostos por un número mínimo de dúas persoas por grupo e quenda. Cada grupo establecerá as correspondentes quendas para cubrir o servizo no seu propio concello. En caso de necesidade poderán tamén actuar noutros concellos, para o cal será necesaria a comunicación previa ao alcalde do concello en que se preste o servizo.

Poderá encadrarse nos grupos de protección civil de atención ao peregrino outro persoal profesional ou voluntario pertencente ao Sistema integrado de emerxencias de Galicia, de xeito ocasional ou durante períodos determinados, coa finalidade de reforzar a súa actuación.

Os membros dos ditos grupos recibirán unha formación específica encamiñada ao cumprimento dos obxectivos do plan.

Os grupos de protección civil de atención ao peregrino estarán coordinados directamente polos servizos provinciais de Emerxencias e Interior e o persoal técnico de protección civil e emerxencias da Xunta de Galicia, que tamén participarán no Plan de protección civil de atención ao peregrino 2021 (PAP 2021).

En determinadas situacións e, en todo caso, cando así o soliciten as autoridades competentes, os grupos de atención ao peregrino colaborarán ou apoiarán as forzas de seguridade (Garda Civil, Policía Nacional, Policía autonómica ou local), naquelas misións da súa competencia.

No anexo 1 detállanse polo miúdo as actuacións dos grupos de atención ao peregrino.

Interface co Platerga.

O plan PAP é un plan sectorial de carácter preventivo. En caso de emerxencia extraordinaria, por proposta do técnico de garda do Sistema integrado de emerxencias de Galicia, e logo de valoración do risco efectuada pola Axencia Galega de Emerxencias e o director xeral de Emerxencias e Interior, activarase o Platerga no nivel que corresponda, activando os grupos operativos que sexan necesarios e integrando nese momento os grupos de atención ao peregrino no grupo de apoio loxístico e de seguridade.

OPERATIVIDADE.

O PAP 2021 activarase día 1 de xaneiro de 2021 e permanecerá activado todo o ano.

A activación do PAP comprende a organización dos GPCAP nos labores de vixilancia do Camiño, a información aos peregrinos e o fomento da prevención e autoprotección aos usuarios dos Camiños.

Os grupos de protección civil de atención ao peregrino executarán as accións necesarias para dar unha resposta, no ámbito da protección civil, aos usuarios das distintas rutas xacobeas nos termos que se indican neste plan.

Isto acadarase coa súa presenza no Camiño naqueles puntos que requiran unha maior atención para o apoio e protección dos peregrinos.

O labor diario destes grupos complementará o despregamento que con semellantes fins leve a cabo a Policía adscrita, a Garda Civil e as policías locais, para o cal se establecerán os correspondentes mecanismos de coordinación nos distintos tramos dos Camiños.

Ao finalizar a xornada, os GPCAP remitirán o informe de incidencias a través da aplicación informática.

A información referida a situacións de emerxencia recibirase a través do CIAE 112. Desde a sala CIAE 112 xestionaranse, segundo os protocolos establecidos, as notificacións de emerxencias de carácter ordinario que se reciban. No caso de emerxencias extraordinarias, o técnico de garda valorará a información recibida e proporá a activación, se for o caso, do Platerga no nivel que corresponda.

En calquera caso, non implicarán a activación do Platerga as emerxencias localizadas nun tramo do Camiño con GPCAP, controladas mediante a resposta destes grupos e cos seus propios medios. Inclúense actuacións como o traslado de peregrinos por causa manifesta, así como a realización de curas ou a prestación de primeiros auxilios, sempre que non se necesite presenza de facultativo, pois son emerxencias menores ou incidencias.

Tampouco implicarán a activación do Platerga aquelas emerxencias ordinarias que requiran a mobilización de medios e recursos dentro do seu ámbito territorial. Trátase daqueles casos en que, partindo dunha situación que en principio pode ser atendida polos GCPAP, a evolución desfavorable deriva na solicitude de mobilización de medios alleos. Estes medios alleos poden incluír mobilización de recursos sanitarios ou ben pode ser necesario mobilizar a Policía local ou outras forzas de seguridade por emerxencias derivadas de seguridade cidadá e/ou de incumprimento das normas vixentes.

Ben por solicitude do GPCAP, ben pola valoración realizada no CIAE 112 por mor dunha chamada, desde o CIAE 112 procédese á mobilización de medios alleos para controlar a emerxencia. A mobilización de calquera medio alleo realizarase sempre desde o CIAE 112, onde se avaliará a situación e, en función da gravidade, dos medios e dos recursos dispoñibles e da tipoloxía da emerxencia, se procederá á mobilización segundo os protocolos.

Para emerxencias de carácter extraordinario que impliquen mobilización de medios pertencentes a distintas institucións e de ámbito territorial amplo, ou cando a emerxencia afecte varios tramos do Camiño, o técnico de garda informará o director do plan e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias para valorar o risco e a conveniencia de activar o Platerga nun nivel determinado.

IMPLANTACIÓN E MANTEMENTO DO PLAN.

Enténdese por implantación do plan o conxunto de accións para desenvolver nunha primeira fase, cuxo obxectivo é que o plan sexa un documento plenamente operativo e coñecido por todos os recursos que deben de intervir. Unha vez aprobado o plan, a consellería competente en materia de protección civil e o resto dos organismos e departamentos implicados na operatividade do PAP desenvolverán todas as actuacións necesarias para a implantación e o posterior mantemento da operatividade.

A implantación consta das seguintes fases:

– Difusión do plan.

– Formación dos GPCAP.

– Información á poboación, en concreto aos usuarios dos Camiños.

Tras a entrada en vigor do plan, o proceso de implantación iniciarase coa distribución del a todos os organismos implicados. Para iso, a dirección xeral competente en materia de protección civil procederá a efectuar a devandita remisión, incluíndo os concellos dos Camiños.

Así mesmo, nos programas formativos impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública incluirase formación específica para os GPCAP.

A información á poboación farase efectiva a través da difusión dos folletos que recollen os consellos de autoprotección para as peregrinacións nos Camiños, que serán distribuídos polo GPCAP, ademais de publicados nas webs da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Axencia Galega de Emerxencias, así como en redes sociais.

Unha vez finalizada a fase de implantación, o plan especial pasará á fase de mantemento da operatividade para garantir a actualización e adecuación aos obxectivos previstos. O mantemento da operatividade do plan farase efectivo a través das reunións do grupo de traballo, nas cales se verificará a eficacia do plan, facendo o seguimento cotián das actuacións, avaliando os diferentes operativos e accións e coordinando os departamentos responsables de plans sectoriais.

FINANCIAMENTO.

Para o ano 2021 destinarase unha cantidade nos orzamentos da Xunta de Galicia, suficiente para a realización das actuacións previstas, en concreto, os gastos de funcionamento dos GPCAP e o mantemento da aplicación de intercambio de información de voluntarios de protección civil.

Por tanto, a aprobación do presente plan non supón custo adicional para a Administración, posto que os orzamentos necesarios para a súa execución sairán das partidas orzamentarias establecidas para a protección civil e emerxencias en función da súa dispoñibilidade.

A natureza das partidas que financian a actividade da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Axencia Galega de Emerxencias poden proceder de fondos da Comunidade Autónoma de Galicia, fondos europeos do Feder ou do Feader. Todas as actuacións levan consigo a súa parte proporcional do capítulo I destes departamentos, sen que impliquen novas necesidades de persoal nin incremento neste capítulo orzamentario.

ANEXO 1

Ámbito de actuación, misións e actuacións dos GPCAP

Ámbito de actuación.

Os distintos grupos de protección civil de atención ao peregrino actuarán polo xeral no camiño ou camiños que discorren polo territorio do seu concello, sendo desta maneira máis operativo o servizo, xa que coñecen perfectamente o seu percorrido.

No entanto, en determinados casos este ámbito de actuación podería ampliarse a concellos limítrofes ou a outros concellos como apoio, con ocasión de grandes eventos ou concentracións.

O número de quilómetros para percorrer por cada grupo de atención ao peregrino está en función da importancia da ruta que se vai cubrir, medio de locomoción etc.

Establécese como recomendable que se percorra a ruta, cando menos, dúas veces cada día (ida e volta), facendo coincidir este percorrido coas horas de máxima actividade dos peregrinos que, segundo a experiencia, corresponda con cada tramo. Realizaranse percorridos adicionais en función da existencia de riscos ou factores especiais e cuxo número dependerá da época do ano, a climatoloxía e outros aspectos que incidan no nivel de risco.

Os grupos de atención ao peregrino estarán operativos durante todo o ano 2021. Prevese que a maior concorrencia coincidirá cos meses de abril a outubro, con maior afluencia nos meses de verán (xuño, xullo e agosto), con datas concretas como son as vésperas do 25 de xullo, día de Santiago Apóstolo.

As misións dos grupos de protección civil de atención ao peregrino son:

– Informar o CIAE 112 en tempo real das situacións e incidencias nas diferentes rutas e, se é o caso, das solicitudes de axuda que demanda o peregrino.

– Dar resposta, onde se requira a súa intervención, para controlar ou neutralizar a situación adversa que se lle presente ao usuario das distintas rutas xacobeas, dentro do marco da relación de servizos indicados no anexo correspondente.

– Colaborar na prevención, apoio e cobertura en grandes eventos e concentracións humanas derivadas de actos propios do Xacobeo, tanto nos seus respectivos concellos como noutros termos municipais, baixo a dirección da autoridade a que corresponda o mando segundo a lexislación vixente.

– Colaborar coa dirección do plan en todas aquelas accións que, dentro das súas funcións e competencias, se lles encomenden.

Para a consecución das misións que se lles encomendan aos grupos de protección civil de atención ao peregrino, estes deberán realizar unha serie de actuacións que, fundamentalmente, se centrarán en:

1. Vixilancia nas distintas rutas xacobeas.

Consiste na presenza física dos grupos de protección civil de atención ao peregrino patrullando polos diferentes itinerarios e en contacto cos peregrinos.

Cada grupo estará integrado por un número mínimo de dúas persoas que poderán utilizar diferentes medios de locomoción en función das necesidades, o tipo de vía de que se trate e outras circunstancias, de tal maneira que estea prevista a posibilidade, en relación coa existencia de peregrinos accidentados, de prestar os primeiros auxilios, realizar posibles traslados de peregrinos en casos leves ou colaborar cos servizos sanitarios de urxencia.

Procurarase que as sedes dos grupos de protección civil de atención ao peregrino sexan as mesmas que as dos dispositivos habituais de protección civil dos concellos ou organismos de que dependan.

Os grupos de protección civil de atención ao peregrino pasarán información ao Centro de Atención ás Emerxencias CIAE 112 daquelas circunstancias que afecten os camiños e que sexan de interese para un mellor desenvolvemento do PAP 2021, tales como información do propio estado do camiño, incidencias nas rutas, fluxo de peregrinos, medios de desprazamento empregados por estes, climatoloxía en tempo real, determinadas estatísticas e estado da sinalización, entre outras.

2. Atención aos peregrinos dos distintos Camiños xacobeos.

A atención aos peregrinos por parte dos grupos de protección civil dedicados a esta tarefa estará baseada en cuestións propias de protección civil como axuda personalizada, traslado por necesidade manifesta, feridos ou enfermos, asistencia de primeiros auxilios cando non sexa necesaria a presenza dun facultativo, busca de peregrinos ou obxectos extraviados ou esquecidos; protección fronte a fenómenos meteorolóxicos adversos, aplicación de medidas de prevención e de mitigación de riscos e axuda puntual na resolución dunha situación anormal. Para tal fin redáctase a relación de servizos dos grupos de protección civil de atención ao peregrino que se xunta como anexo ao presente plan.

3. Atención ao peregrino en grandes concentracións.

Durante o ano 2021 celebraranse acontecementos de distinta índole que afectarán, entre outras, actividades relixiosas, deportivas, culturais, musicais e outras, cuxo denominador común será que convocarán un elevado número de participantes, peregrinos e/ou simples cidadáns que asistirán aos mencionados eventos.

Tamén acontecerán, como xa pasou durante os xacobeos anteriores, peregrinacións masivas, máis ou menos organizadas, e ás cales se debe dar un tratamento especial.

En todos estes casos é fundamental a figura do grupo de protección civil de atención ao peregrino, pois colaborará en todos aqueles acontecementos mencionados con funcións de prevención de riscos e protección dos peregrinos, logo da demanda do grupo organizador.

Os grupos de protección civil de atención ao peregrino integraranse, se for o caso, dentro dos dispositivos de emerxencias dos eventos de que se trate, realizando as funcións que lles corresponde segundo o indicado no presente plan.

No caso de que as concentracións ou eventos deban dispoñer dun plan de autoprotección específico segundo a normativa de aplicación (norma básica de autoprotección ou lexislación sectorial), ou no marco doutros plans de emerxencia, os citados grupos poderán formar parte dos equipos de emerxencia dos plans de autoprotección ou ben dos dispositivos de axuda externa segundo o caso.

4. Informar o peregrino.

Os grupos de protección civil de atención ao peregrino colaborarán na transmisión da información que se xere durante o Xacobeo de 2021, atendendo as demandas dos peregrinos alí onde estean, de acordo coa relación de servizos que se xunta como anexo.

Os membros de cada grupo de protección civil de atención ao peregrino recibirán apoio do grupo de traballo para que lles sexa facilitada a información específica dos plans sectoriais ou outras informacións de interese relacionadas co Xacobeo 2021.

A información que poderán facilitar versará sobre:

– Situación dos albergues.

– Centros de atención sanitaria.

– Concellos.

– Rutas e Camiños de Santiago.

– Distancias entre vilas e cidades.

– Estado das estradas.

– Información turística básica de carácter xeral.

– Seguridade viaria.

– Meteoroloxía.

– Teléfonos de organismos onde poidan completar a información dada in situ e, particularmente, sobre reservas de aloxamento.

– Riscos (de tráfico, incendios etc.).

– Outras de interese para o peregrino relacionadas coas súas funcións.

Cómpre destacar tamén que é o que NON FAN os GPCAP que prestan servizo nos Camiños:

– Non trasladan equipaxes nin mochilas.

– Non transportan peregrinos salvo que a extrema gravidade do seu estado de saúde así o aconselle.

– Non fan labores de limpeza, mantemento ou reparación nos Camiños ou os seus elementos.

– Non acompañan peregrinos ou grupos integrados por persoas con suficiente capacidade ou autonomía.

– Non recollen nin se fan cargo nin alimentan as monturas dos peregrinos, salvo situacións de urxencia sobrevidas.

– Non prestan asistencia sanitaria se, conforme o seu propio criterio, consideran que as feridas ou lesións precisan atencións que exceden a súa preparación ou capacitación; nestes casos derivan os peregrinos aos puntos de atención sanitaria máis próximos ou requiren a presenza de servizos sanitarios de urxencia.

Para o mantemento e mellora do servizo que prestan os GPCAP, os usuarios poderán dirixir as súas suxestións ou propostas a cada un dos concellos ou organismos de que dependen os diferentes grupos, así como á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, nos enderezos que se xuntan como anexo.

Ademais, hai habilitadas en todos os albergues caixas de suxestións onde se poderán depositar todas aquelas cuestións suscitadas en relación coas funcións e actuacións dos GPCAP.

As suxestións, propostas e, se for o caso, as queixas que se produzan serán utilizadas como indicadores para a avaliación da calidade e, especificamente, para o seguimento do cumprimento dos obxectivos previstos no Plan de atención ao peregrino 2021.

ANEXO 2

Programas especiais

Ao longo do ano 2021, e nas sucesivas reunións do Grupo de traballo do PAP2021, iranse incluíndo os actos:

– Relativos a eventos cunha afluencia masiva de gran número de persoas.

– Accesos e actos na cidade de Santiago de Compostela.

– Actos cunha afluencia masiva de gran número de persoas.

Os organismos ou entidades organizadoras de calquera tipo de evento que poida dar lugar a grandes concentracións humanas ou que entrañen riscos para as persoas, bens ou ambiente terán a obriga de elaborar un plan de autoprotección e rexistralo no Rexistro de Plans de Autoprotección de Galicia, conforme o Decreto 171/2010, sobre plans de autoprotección e Galicia. Así mesmo, deberán comunicarllo á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, coa debida anticipación, facilitándolle a información necesaria para poder avaliar o nivel de risco. Esta comunicación será sen prexuízo das autorizacións e accións a que obrigue a normativa vixente.

ANEXO 3

Directorio

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior:

R/ Roma, 25-27. As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela

emerxencias.interior@xunta.gal

Teléfono: 981 54 64 97

Servizos provinciais de Emerxencias:

– Servizo de Emerxencias da Coruña

CPAPX - Xefatura Territorial da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña

emerxencias.coruna@xunta.gal

Teléfono: 981 18 44 55

– Servizo de Emerxencias de Lugo

CPAPX - Xefatura Territorial de Lugo

Rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo

emerxencias.lugo@xunta.gal

Teléfono: 982 29 45 51

– Servizo de Emerxencias de Ourense

CPAPX - Xefatura Territorial de Ourense

Avenida da Habana, 79, 32071 Ourense

emerxencias.ourense@xunta.gal

Teléfono: 988 38 60 52

– Servizo de Emerxencias de Pontevedra

CPAPX - Xefatura Territorial de Pontevedra

Avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º, 36071 Pontevedra

emerxencias.pr.po@xunta.gal

Teléfono: 986 80 54 15

Grupos de protección civil de atención ao peregrino

Suxeito a actualización ao longo de 2021.

Grupos de protección civil de atención ao Camiño de Santiago

AVPC

Enderezo

Boqueixón

Forte, s/n

15881 Boqueixón

avpcboqueixon@gmail.com//

Padrón

Circular Oeste-Polígono Empresarial, 443

15917 Padrón

proteccioncivildepadron@gmail.com

Teo

Travesía da Ramallosa, 58

15883 Teo

a.v.p.c.teo@gmail.com

Monterroso

Praza de Galicia

27560 Monterroso

concello.monterroso@eidolocal.es

Palas de Rei

Avenida Compostela, 28

27200 Palas de Rei

Sarreaus

Avenida de Ourense, 40

32631 Sarreaus

concello@concellosarreaus.com

Vilamarín

Avenida Santiago Apóstol, 5

32101 Vilamarín

concello.vilamarin@eidolocal.es

Gudiña, A

Avenida Beato Sebastián Aparicio, 76

32540 A Gudiña

administracion@agudina.es

Allariz

Praza Maior, 1

32660 Allariz

desenvolvemento@allariz.com

Amoeiro

Rúa Bazacos, 8

32170 Amoeiro

concello.amoeiro@eidolocal.es

Baños de Molgas

Samuel González Movilla, 2

32701 Baños de Molgas

administracion@concellodemolgas.es

Cualedro-Monterrei

Avenida Portugal, 8

32689 Cualedro

orientacion@monterrei.es

Riós

Praza de José Antonio, 139

32610 Riós

concello@concelloderios.gal

San Cristovo de Cea

Praza Maior, 1

32130 San Cristovo de Cea

secretaria@concellodecea.com

Lalín

Praza de Galicia, 1

36500 Lalín

proteccioncivil@lalin.gal

Portomarín

Praza do Camiño, s/n

27170 Portomarín

estrapuerto@gmail.com

Porriño, O

Antonio Palacios, 1

36400 O Porriño

proteccioncivilporrino@oporrino.org

Valga

Baño, 40

36645 Valga

proteccioncivildevalga@gmail.com

Vilar de Barrio

Praza do Toural, 10

32702 Vilar de Barrio

Xinzo de Limia

Arnoia, 16

32630 Xinzo de Limia

proteccioncivildexinzodelimia@gmail.com

ANEXO 4

Rede de albergues que contan con caixa de suxestións para a mellora
dos servizos dos GPCAP

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO 5

Consellos de autoprotección para as persoas peregrinas
dos Camiños de Santiago

missing image file

Fases para unha peregrinación sen sobresaltos.

1. Planificación.

A) Determinación do número de persoas que van peregrinar.

Ao planear a viaxe débese valorar o número de persoas que van viaxar e se o percorrido se realizará en grupo ou en solitario. A peregrinación de forma individual ou en compañía doutra persoa acostuma ser máis sinxela que a peregrinación en grupo, que require unha maior planificación, especialmente se entre as persoas participantes se atopan menores, maiores ou persoas con algún tipo de limitación física, sensorial ou psicolóxica.

Un grupo maior de persoas require facer un estudo máis profundo das necesidades que requirirá a viaxe, relativas á alimentación, aloxamentos, modos de transporte, transporte de apoio, necesidades especiais, distancias diarias que se pretenden percorrer, paradas etc.

Tamén é relevante a estación do ano en que se realiza a peregrinación, xa que os riscos e inconvenientes do verán difiren dos que se poden atopar no inverno, e a primavera e o outono teñen un abano máis amplo de situacións climatolóxicas diferentes.

B) Elección da ruta.

Hai que sopesar, ademais dos intereses relixiosos, culturais, recreativos ou de lecer etc., a dificultade, o tempo estimado que se empregará, o estado físico da persoa ou persoas que o realizan e as facilidades de aloxamento, transporte e avituallamento.

Non é prudente facer rutas con altas dificultades se as persoas ou o grupo teñen necesidades especiais que impliquen transporte de apoio. Neste caso tamén a climatoloxía marcará diferenzas, xa que haberá rutas con menos dificultades que outras dependendo da época do ano.

C) Recompilación de información.

Unha vez elixida a ruta, débese coñecer a fondo. É importante saber se conta con aloxamentos públicos ou privados, distancia entre estes, tipo de camiño (camiño corrente, estrada, carreiro etc., se atravesa bosques, se ten sombra ou é descampado e o largo deste (en caso de bicicletas, vehículos de apoio, carros ou outros vehículos), estado do camiño (sen asfaltar, de pedras, de terra, de lastras, asfaltada etc.) vías alternativas de comunicación (tren, estradas etc.), previsión de puntos de avituallamento ou descanso etc.

Tamén é importante coñecer se é unha ruta moi transitada ou non, se existen servizos de apoio (como o caso de voluntarios/as de protección civil, Garda Civil ou Policía Nacional) patrullando a ruta e a que distancia é posible atopar servizos de emerxencia, servizos sanitarios ou outros servizos.

Con base nestas informacións, cos medios de que dispoñamos, poderemos realizar un dossier co itinerario, paradas, aloxamentos dispoñibles, puntos de encontro, de reunión ou avituallamento e posibles alternativas que se poidan atopar.

Do mesmo xeito, a través de apps ou internet, é fácil atopar previsións meteorolóxicas do tempo que podemos encontrar ao longo do Camiño. En Galicia, Meteogalicia emite previsións específicas para cada tramo ou ruta do Camiño que son de utilidade á hora de planificar as rutas.

D) Material recomendable para o camiño.

O equipamento depende da ruta elixida, a estación do ano, as nosas posibilidades económica, e outras variables. Hai que ter en conta que cantas máis cousas transportemos máis peso teremos que soportar.

O material imprescindible componse de mochila, roupa e calzado adecuados, mudas, roupas de abrigo e para a choiva, material para facer as primeiras curas, medicamentos que tomemos de forma habitual que nos fosen receitados, teléfono móbil, baterías de reposto e cargador, gorra ou chapeu, cantimplora, lanterna e elementos de sinalización nocturna, entre outros.

O tipo de viaxe, a ruta e se se viaxa en solitario ou en grupo determinarán o material que necesitaremos.

Doutra banda tamén é moi recomendable dispoñer dos mapas, dípticos, trípticos, ou calquera outra información que poderemos necesitar durante a ruta, en especial teléfonos e enderezos relativos a albergues, aloxamentos, hoteis e servizos de emerxencia ou seguridade.

E) Documentación persoal.

Hai que viaxar con DNI ou pasaporte en regra ou calquera outro documento acreditativo da nosa identidade, tarxeta ou cartón sanitario en vigor, prescricións de medicamentos ou alertas sanitarias asinados polo médico de familia, se é o caso, ademais doutra documentación ou cartóns que poida necesitar (tarxetas bancarias, de crédito etc.).

2. Preparación física.

Débese ter presente que o motor nesta viaxe é o noso propio corpo. É dicir, debemos ser capaces de desprazarnos, soportando o noso propio peso máis un peso adicional, durante traxectos diarios de ao redor de 20 ou 25 km, baixo situacións de calor, frío, choiva, neve, néboa etc., por camiños de terra, asfalto, pedras etc., con desniveis, costas etc., de forma continuada durante varios días.

Posiblemente o noso corpo non estea afeito a este esforzo físico constante e exixente polo que, como preparación e a modo de proba, deberiamos facer percorridos sistemáticos co equipamento que vaiamos levar e coa roupa e calzado que empregaremos.

Sería recomendable empregar, como mínimo, unha semana anterior á viaxe para realizar percorridos curtos que iriamos aumentando, portando o equipamento ou un peso equivalente.

Isto, por unha banda, probaríanos fisicamente e, por outro, veriamos a idoneidade do equipamento elixido.

3. Saída.

En días previos á saída sería recomendable entregar un pequeno documento onde se detalle a ruta, percorridos diarios, paradas e aloxamentos previstos, así como teléfonos de contacto e outras informacións a familiares directos ou amizades próximas con que poder contactar en caso de necesidade ou emerxencia.

• O teléfono único europeo de emerxencias 112.

O 112 é o número telefónico único de urxencias e emerxencias no ámbito da Unión Europea en materia sanitaria, extinción de incendios, salvamento, seguridade cidadá e protección civil, dispoñible 24 horas ao día os 365 ou 366 días ao ano. Desde este número aténdese calquera demanda de urxencia e emerxencia informando das actuacións a todos os organismos que interveñen para conseguir unha resposta coordinada de forma totalmente gratuíta e sen custo ningún para quen realiza a chamada.

A chamada ao 112 pódese realizar desde calquera teléfono convencional (móbil ou fixo, cabina telefónica privada ou pública), con ou sen cables, smartphone ou tableta.

Pódese realizar con éxito mesmo no caso de que non exista cartón SIM no teléfono, que esta non teña saldo ou que a nosa compañía telefónica non teña cobertura radioeléctrica nese punto. Neste caso, o sistema, canalizará a chamada a través de calquera operador telefónico dispoñible nesa zona e encamiñaraa ao Centro Integral de Atención de Emerxencias 112 Galicia, para ser atendida.

Chegado o caso e se for necesario, é posible poñerse en contacto co 112 para comunicar un suceso que revista unha gravidade tal que faga perigar a nosa vida, a nosa integridade ou a nosa seguridade. A chamada débese facer de forma tranquila e sosegada seguindo as indicacións do persoal de operación que conteste a súa chamada. Non apague o seu teléfono móbil pois pode ser necesario contactar con vostede novamente.

O persoal de operación fará as xestións necesarias, enviará a axuda que corresponda, sexa da natureza que sexa, e manterao informado.

• Consellos.

1. Consellos xerais para un bo camiño.

Antes de saír:

 É conveniente realizar unha preparación física previa adestrándose con paseos e percorridos cada vez máis longos.

 Procurar facer un plan de etapas antes de comezar. É mellor programar ao principio etapas máis curtas.

 Descargar os mapas coa localización de centros sanitarios e farmacias do camiño que se vai realizar.

 Comunicar á familia o percorrido coas datas previstas para que, se for necesario, o localicen rapidamente.

Que levar:

 Calzado adecuado, nunca estrear botas no Camiño.

 Unha caixa de urxencias lixeira con analxésicos, apósitos e gasas, agulla e fío, vaselina, auga oxixenada, crema antiinflamatoria, alcol, Betadine ou similar (povidona iodada, desinfectante de feridas), antidiarreico, protector solar, repelente de insectos.

 A indumentaria debe ser adecuada ao tempo. No verán, roupa lixeira de algodón, gorra para o sol, e no inverno, roupa de abrigo, luvas, roupa de la e impermeable.

 Se se vai pernoitar nos albergues, non esquecer o saco de durmir e unha funda de almofada.

 Nas etapas é necesario levar cantimplora con auga, e é conveniente un bastón ou bordón.

 Levar sempre a documentación (DNI ou pasaporte).

 Levar sempre un teléfono móbil coa batería cargada. Descargar aplicacións de xeolocalización (tipo Safe-365) que facilitarán aos servizos de emerxencias a localización en caso de emerxencia.

2. Coidado coas comidas.

Se vai preparar a comida, siga estes consellos:

 Lavar as mans antes das comidas e sempre despois de usar o servizo.

 Beber só auga apta para o consumo ou envasada.

 Consumir unicamente alimentos adquiridos en establecementos autorizados (tendas, bares, restaurantes etc.).

 Evitar preparar comidas que requiran refrixeración, sobre todo se levan ovo como ingrediente (salsas, maionesa, ensalada rusa, peixes afumados, cremas ou sobremesas).

 Non deixar alimentos ou bebidas ao sol.

 Lavar as verduras e hortalizas con auga apta para o consumo, preferentemente mergullándoas en auga cunhas pingas de lixivia apta para uso alimentario e aclarándoas no chorro da billa.

 Lavar e despois pelar a froita.

 Se prepara bocadillos, evite as tortillas pouco calladas, envólvaos adecuadamente (papel de aluminio ou filme plástico) e consúmaos no día.

 Lavar frecuentemente os contedores de bebidas (cantimploras, bidóns, termos etc.).

 Quentar os alimentos ata chegar ao momento de ebulición.

 A etiqueta é garantía da seguridade dos produtos. Comprobar a data de caducidade ou de consumo preferente.

3. Atención aos pés.

 Non estrear calzado no momento de comezar o Camiño. É máis cómodo un calzado de sola grosa e flexible, sen contrafortes duros nin moi curvos, nin punteiras duras.

 Evitar cordóns axustados e costuras que poidan provocar lesións na pel.

 Usar calcetín de fío, la ou algodón, que faga de almofada nos nocellos, que absorba a humidade e sexa transpirable.

 Utilizar zapatillas de baño en vestiarios e duchas colectivas.

 As uñas débense cortar de forma recta. O/a podólogo/a deberá tratar as uñas encarnadas ou con problemas.

 Poden ser convenientes os baños de auga tépeda con sal (por cada litro de auga, unha culler sopeira de sal), polo menos cinco minutos.

 Despois do baño secar moi ben, en especial entre os dedos, e é conveniente aplicar antitranspirantes con funxicidas para evitar maceracións, irritacións e enfermidades contaxiosas (fungos, papilomas etc.).

 Masaxear suavemente desde os dedos ao talón.

 Se saíron bochas, tratalas con especial limpeza; segundo os casos, extraer o contido con instrumental estéril, deixando de drenaxe parte do fío de que se compón o material de sutura, e aplicar antisépticos.

 Ante lesións ou feridas complicadas do pé, débese ir ao PAC máis próximo.

4. Medidas para reforzar a seguridade.

Con carácter previo:

 Dispoñer dos documentos necesarios que acrediten a identidade e a procedencia.

 Levar teléfono móbil con baterías novas e cargador de batería.

 En caso de peregrinos/as procedentes do estranxeiro, ter localizados os enderezos e teléfonos das oficinas consulares ou diplomáticas, por se resultase necesario contactar con elas.

Durante o Camiño:

 Respectar os sinais e indicacións que se atopen na zona.

 Non tomar camiños alternativos que saen da sinalización, xa que unha vez fóra deles pode poñerse en perigo.

 Na medida do posible, procurar non transitar por lugares solitarios e pouco iluminados.

 Se dispón dun sistema de xeolocalización (Safe-365, WhatsApp etc.), mantelo activado.

 Non confiar en persoas estrañas que se acheguen de maneira inesperada.

 Manter a documentación nun lugar seguro.

 Manter as pertenzas á vista, levar bolsos e mochilas pechadas e suxeitas, co diñeiro nunha carteira interior.

 En caso de roubo, anotar todos os datos do incidente, non enfrontarse ao agresor ou agresora e interpoñer unha denuncia.

 Chamar sempre ao teléfono 112 para solicitar a atención dos corpos de seguridade ou emerxencias en caso de calquera incidencia ou accidente.

• Animais soltos.

Se se atopa con algún animal solto (can, gato ou outra mascota) polo camiño, especialmente á entrada ou saída dalgunhas localidades, non se lle debe dar comida, probablemente pertenza a alguén. Se permite que o acompañe, afastarase da súa procedencia e quedará desorientado, famento e sen fogar.

• Incendios forestais.

Especialmente se se realiza o percorrido no verán ou no outono cabe a posibilidade de atoparse cun incendio forestal.

Nestes casos:

 Se atravesa unha zona arborizada e percibe fume ou cheiro a queimado, facelo sempre por zonas con alta visibilidade. Chame ao 112.

 Tratar de afastarse por zonas laterais do fume ou do lume.

 Procurar non dirixirse a barrancos ou valgadas, nin tentar escapar ladeira arriba debido a que o lume tende a subir.

 Afastarse do incendio polas zonas máis desprovistas de vexetación e lembrar que un cambio na dirección do vento pode facer que o lume o rodee.

 Non intentar atravesar a pé, ou con calquera tipo de vehículo, a estrada afectada por frontes de lume ou con zonas de acumulación intensa de fume que impidan a visibilidade. O conveniente é retroceder e buscar camiños alternativos.

5. Atención á seguridade viaria.

Se fai o camiño a pé:

 En estradas circular pola esquerda e, se existe, pola beiravía. Se resulta máis perigoso circular pola esquerda, por exemplo porque nese lado hai un barranco sen barreiras protectoras, elixir circular pola dereita por ser este o lado menos perigoso.

 Se circula en grupo por estrada, circular en ringleira individual e polo lado dereito, ocupando a parte imprescindible da vía.

 Utilizar elementos luminosos ou reflectores. De noite é obrigatorio ao camiñar por estrada facelo utilizando un chaleco reflector ou outra peza visible desde unha distancia mínima de 150 metros. Ademais, ao transitar en grupo, debnerase levar acendidas polo menos dúas luces: unha branca ou amarela na cabeza do grupo e unha vermella ao final deste.

 Se debe cruzar a estrada, elixir un lugar en que sexa ben visible: mellor nun tramo de vía recto, e mellor nun tramo cun só carril por sentido que nun tramo con máis dun carril por sentido. Se existen pasos superiores ou inferiores, é obrigatorio utilizalos.

 Se no camiño hai unha rotonda, nunca se abordará cruzando pola zona central senón que se circundará.

Se fai o camiño en bicicleta:

 Usar casco homologado.

 Na estrada circular pola dereita e usando a beiravía. Se vai en grupo, en columna de dous en dous e sempre preto da beiravía.

Se fai o camiño dacabalo:

 Circular por vías pecuarias.

 É aconsellable que o cabalo teña seguro de responsabilidade civil.

 De noite deberá portar elementos luminosos en número necesario para precisar a súa situación e marcar as súas dimensións.

 Usar casco homologado.

6. Problemas de saúde máis frecuentes no peregrino.

• Maniotas/contracturas musculares.

Cambras, dores musculares, rixidez.

Que facer?

 Descanso da zona afectada.

 Repoñer líquidos.

 Alimentación variada.

 Analxésico oral se hai dor intensa (paracetamol).

Como evitalo?

 Exercicio paulatino, ao propio ritmo individual, facendo quecemento previo.

 Descanso nocturno adecuado en cantidade e calidade de sono.

 Evitar posturas incómodas ou forzadas.

 Utilizar calzado usado, cómodo, transpirable e non moi apertado.

 Evitar rozamentos coa roupa ou o equipamento (protector de coxa etc.).

 Bicicletas: protectores de mans e xeonllos, casco.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se as molestias continúan sen melloría tras 24/48 horas.

• Feridas/rozaduras/bochas.

Rotura ou lesión da pel.

Que facer?

 Lavado con auga fría limpa. Antiséptico local (povidona iodada).

 En caso de bochas grandes, picalas cunha agulla limpa, sen quitar a pel.

Como evitalo?

 Exercicio paulatino, ao propio ritmo individual, facendo quecemento previo.

 Descanso nocturno adecuado en cantidade e calidade de sono.

 Evitar posturas incómodas ou forzadas.

 Utilizar calzado usado, cómodo, transpirable e non moi apertado.

 Evitar rozamentos coa roupa ou o equipamento (protector de coxa etc).

 Bicicletas: protectores de mans e xeonllos, casco.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se as lesións non melloran.

 En caso de grandes bochas, feridas profundas, extensas, con abundante sangrado ou aparición de pus.

• Escordaduras/tendinites.

Que facer?

 Repouso da zona.

 Frío local (evitando xeo directamente sobre a pel).

 Analxésico-antiinflamatorio (ácido acetil-salicílico).

Como evitalo?

 Exercicio paulatino, ao propio ritmo individual, facendo quecemento previo.

 Descanso nocturno adecuado en cantidade e calidade de sono.

 Evitar posturas incómodas ou forzadas.

 Utilizar calzado usado, cómodo, transpirable e non moi apertado.

 Evitar rozamentos coa roupa ou o equipamento (protector de coxa etc).

 Bicicletas: protectores de mans e xeonllos, casco.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se os síntomas non melloran co repouso. En liñas xerais a tendinite obrigará a abandonar o camiño e as escordaduras requirirán dunha vendaxe funcional para poder seguir camiñando.

• Insolación/hipertermia/golpe de calor.

Que facer?

 Repouso inmediato en lugar fresco e ventilado, á sombra.

 Rehidratarse.

 En caso de mareo, deitarse no chan coas pernas elevadas.

Como evitalo?

 Sexa cal for a estación do ano, protexer a cabeza e hidratarse adecuadamente.

 Nos meses calorosos evitar as horas centrais do día e non prolongar as etapas.

 Beber máis líquido do estritamente necesario para quitar a sede.

 Comprobar que urina con frecuencia e abundantemente.

 Utilizar sempre chapeu, lentes de sol e protector solar de factor 20 ou superior.

 Nas horas centrais do día hai que evitar a exposición solar do tronco e extremidades.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se non se recupera o benestar xeral nun curto espazo de tempo.

 Se hai perda de consciencia.

 Chamar ao 061 ou ao 112 en caso de confusión, alteración do nivel de consciencia ou perda de coñecemento.

• Deshidratación.

Que facer?

 Repouso inmediato.

 Rehidratarse de forma progresiva e mantida.

Como evitalo?

 Sexa cal for a estación do ano, protexer a cabeza e hidratarse adecuadamente.

 Nos meses calorosos evitar as horas centrais do día e non prolongar as etapas.

 Beber máis líquido do estritamente necesario para quitar a sede.

 Comprobar se urina con frecuencia e abundantemente.

 Utilizar sempre chapeu, lentes de sol e protector solar de factor 20 ou superior.

 Nas horas centrais do día hai que evitar a exposición solar do tronco e extremidades.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se hai perda de consciencia ou confusión mental ou se asocia diarrea ou febre.

 Chamar ao 112 ou ao 061 en caso de confusión, alteración do nivel de consciencia ou perda de coñecemento.

• Queimaduras solares.

Pel vermella e quente, dor e ardor local. En casos intensos, bochas.

Que facer?

 Lavado da zona con auga fría, sen fregar.

 Crema hidratante na zona afectada.

 Analxésico se hai dor intensa.

Como evitalo?

 Sexa cal for a estación do ano, protexer a cabeza e hidratarse adecuadamente.

 Nos meses calorosos, evitar as horas centrais do día e non prolongar as etapas.

 Beber máis líquido do estritamente necesario para quitar a sede.

 Comprobar se urina con frecuencia e abundantemente.

 Utilizar sempre chapeu, lentes de sol e protector solar de factor 20 ou superior.

 Nas horas centrais do día hai que evitar a exposición solar do tronco e extremidades.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se hai dor intensa, bochas de gran tamaño ou afectación de gran superficie cutánea.

• Picaduras de insectos e carrachas. Mordeduras de animais.

Que facer?

 Insecto: lavar a zona, sen fregar. Aplicar crema antiprurixinosa.

 Can: lavar a ferida con auga e xabón. Aplicar antiséptico.

 Víbora: inmobilizar extremidade.

 Carracha: no caso de que quede fixada á pel, non manipular. Debe ser retirada por persoal sanitario.

Como evitalo?

 Utilizar repelentes de insectos e evitar perfumes que os atraian.

 Levar cubertas as extremidades inferiores ata os xeonllos.

 Non saír dos camiños.

 Viaxar en grupo para ter socorro rápido.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Insectos: chame ao 112 se é alérxico coñecido ao seu veleno ou lle aparece dificultade respiratoria ou quebrantamento importante do estado xeral.

 Cans: acuda para profilaxe antitetánica.

 Víboras: acuda enseguida. Chame ao 061 ou ao 112 se se trata dun neno de pouca idade.

• Gastroenterite/diarreas.

Náuseas e vómitos e/ou dor abdominal e diarrea. Ás veces febre e malestar xeral.

Que facer?

 Repouso xeral.

 Repouso dixestivo: non comer nada durante 24-36 h.

 Reintroducir sólidos paulatinamente, evitando os lácteos ata curación.

 Rehidratación: solución comercial para hidratación: 2-3 litros cada 24 horas.

 Se hai febre superior a 38º C: paracetamol.

Como evitalo?

 Beber auga apta para consumo (potable).

 Lavar froitas e verduras.

 Non levar alimentos que se degraden a temperatura ambiente.

 Ferver os alimentos frescos antes de consumilos.

 Lavar as mans antes das comidas.

 Evite contaxiar as demais persoas: non comparta vaixela, e manteña as súas mans limpas e sen contacto con outros/as peregrinos/as.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se hai grande afectación do estado xeral ou vómitos incontrolables.

 En caso de intoxicación colectiva.

• Lesións cutáneas por fungos.

Proído, dor e arroibamento das pregaduras situadas entre os dedos do pé.

Que facer?

 Extremar a hixiene persoal.

Como evitalo?

 Ducha: utilizar sandalias de goma para as duchas comunitarias. Secar ben os pés.

 Evite contaxiar as demais persoas: non camiñe descalzo/a nin comparta calzado.

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se persisten os síntomas, para tratamento antifúnxico oral e/ou tópico.

• Outras patoloxías e problemas crónicos.

Catarro, amigdalite. Dor de cabeza, dental, menstrual. Hipertensión, bronquite, diabetes.

Que facer?

 En episodios coñecidos, actuar como de costume.

Como evitalo?

 Levar a medicación utilizada habitualmente e non suspendela.

 Levar informe das patoloxías crónicas e das alerxias (se é o caso).

Cando debe solicitar asistencia sanitaria?

 Se os episodios son diferentes aos habituais ou lle xorden dúbidas.

7. Lista de verificación para peregrinacións en grupo.

A continuación preséntase unha listaxe de verificación cunha serie de preguntas para verificar que a peregrinación reúne os requisitos mínimos para a súa realización con garantías para a seguridade dos seus integrantes.

Vehículo de apoio?

SI

NON

Ten confirmada hospedaxe nas etapas?

SI

NON

Ten localizadas hospedaxes alternativas?

SI

NON

As persoas responsables coñecen a ruta que se vai seguir?

SI

NON

Ten confirmación do Concello de Santiago sobre a asistencia ao dispositivo de control de tráfico en caso necesario?

SI

NON

Peregrinacións con animais*:

Ten previsto lugares ao longo do camiño para albergue e alimentación destes?

SI

NON

Ten prevista a garda de animais na cidade de Santiago?

SI

NON

E, en caso necesario, a súa asistencia veterinaria?

SI

NON

* Nota: debe ter prevista a asistencia, garda e alimentación dos animais durante toda a peregrinación

Se vai realizar a peregrinación con elementos extraordinarios, p.e. bicicletas, motos… teñen previsto albergues adaptados ou con vixilancia?

SI

NON

No caso de que as respostas sexan maioritariamente negativas, é conveniente que se propoña reprogramar a peregrinación ou postergala.

ANEXO 6

Mapa de Camiños e bases dos GCPAP

missing image file

Suxeito a actualización ao longo do ano 2021.

ANEXO 7

Previsións meteorolóxicas para os Camiños

Durante a duración deste plan, a través da oportuna colaboración entre a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a Delegación Territorial en Galicia da Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, preténdese realizar un exhaustivo seguimento da previsión meteorolóxica nas diferentes rutas xacobeas (por tramos) sobre nevaradas, frío, néboas, raios, precipitacións e outros meteoros, e no verán índices de raios ultravioleta.

A predición meteorolóxica permitirá aos peregrinos dispoñer desta información nos albergues, nos puntos de información das rutas e a través dos GPCAP.

Así mesmo, Meteogalicia xa ten habilitada na web a consulta da previsión meteorolóxica especifica nos Camiños.

missing image file

https://www.meteogalicia.gal/web/predicion/xacobeo/xacobeoIndex.action?request_locale=es