Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51186

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se da publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

– Actividade. O obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a análise e informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O prazo de execución é de seis meses e comeza o 1 de xaneiro de 2021.

– Financiamento. Esta encomenda por importe de 409.933,75 euros tramítase como expediente anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, aplicación orzamentaria 10.41.433A.640.1.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural